Síguenos en redes sociales:

Afaber forma ás coidadoras de persoas con demencias neurodexenerativas

Inaugurou en Laxe un ciclo de cursos que achegarán aos concellos da comarca

O obxectivo é ofrecerlle recursos para mellorar a súa calidade de vida

Afaber forma ás coidadoras de persoas con demencias neurodexenerativasAfaber

A Asociación Familiares de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber) puxo en marcha en Laxe un ciclo de cursos formativos gratuítos para coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa. As sesións desenvólvense no salón de actos da casa da cultura os mércores, de 16.30 a 19.00 horas. A vindeira será o día 23.

O acto inaugural estivo presidido polo alcalde de Laxe, Francisco Charlín, e o presidente de Afaber, Jesús Villar, quen destacou que o obxectivo "é achegar as persoas coidadoras residentes no rural formación e información sobre o alzhéimer e outras demencias, así como recursos que lles permitan mellorar a súa calidade de vida".

A iniciativa conta co apoio da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal) e o Concello de Laxe, e nos vindeiros meses chegará a outros concellos da comarca de Bergantiños.

Pulsa para ver más contenido para ti