Síguenos en redes sociales:

Muxía rende homenaxe ao congro con degustacións e unha exposición

A cita é o Venres Santo, día 29 de marzo, no porto da vila da Barca

O sábado haberá outra cita gastronómica co mexillón como protagonista

Muxía rende homenaxe ao congro con degustacións e unha exposiciónC. Muxía

A XXVI Festa do Congro de Muxía recuperará a súa esencia gastronómica e convidará a veciños e visitantes a degustar o prezado peixe á prancha, en empanada de trigo e millo, e en salpicón. A cita é o día 29, Venres Santo, no porto, e por só 5 euros a degustación inclúe o congro acompañado de pan artesán, viño ou auga e unha cunca conmemorativa da olería de Buño.

Haberá tamén unha exposición sobre os secadoiros de congro. Ao día seguinte, a gastronomía volverá ser protagonista cunha degustación de mexillón, ás 13.00 horas, no paseo marítimo da vila. A mostra, titulada Secadoiros de Congro poderá visitarse desde o sábado, 23 de marzo, ata o luns, 1 de abril, na Casa das Beiras, que tamén acollerá exhibicións de artesanía en vivo.

Pulsa para ver más contenido para ti