Muxía serviu un milleiro de racións na vinte e cinco edición da xa tradicional Festa do Congro

Comensais na Festa do Congro de Muxía

Comensais na Festa do Congro de Muxía / Concello de Muxía

Redacción

A veinte e cinco edición da Festa do Congro, de Muxía, volveu a ser "un éxito rotundo", segundo sinala o alcalde, Iago Toba, despois de que se servisen unhas mil racións do prezado peixe en diferentes presentacións culinarias. De feito, engade, "esgotáronse varias das preparacións, o que confirma a tendencia á alza desta cita gastronómica".

Unha degustación que foi acompañada no porto muxián pola música de Xaramiños do Corpiño, a disco móbil CDC e Mimá Truck, e que se complementou pola noite cun concerto de Los Coleguitas e novamente a música da CDC. "Foi unha noite espectacular", subliña o rexedor muxián, quen asegura que "a proposta do ano pasado de engadir actuacións musicais foi un bo aliciente para que a xente que nos visita pernocte na nosa vila, creando así unha sinerxia económica co sector hostaleiro".

O bo tempo foi, segundo Toba, outro "elemento fundamental para que a xente abarrotase, no só os recintos de degustación do congro e a festa, senón tamén os lugares máis simbólicos e turísticos do noso municipio".