Muxía rende homenaxe ao congro con degustacións e unha exposición

A cita é o Venres Santo, día 29 de marzo, no porto da vila da Barca

O sábado haberá outra cita gastronómica co mexillón como protagonista

Preparación de racións de congro nunha edición anterio da festa de Muxía

Preparación de racións de congro nunha edición anterio da festa de Muxía / C. Muxía

J. M. Ramos

A XXVI Festa do Congro de Muxía recuperará a súa esencia gastronómica e convidará a veciños e visitantes a degustar o prezado peixe á prancha, en empanada de trigo e millo, e en salpicón. A cita é o día 29, Venres Santo, no porto, e por só 5 euros a degustación inclúe o congro acompañado de pan artesán, viño ou auga e unha cunca conmemorativa da olería de Buño.

Haberá tamén unha exposición sobre os secadoiros de congro. Ao día seguinte, a gastronomía volverá ser protagonista cunha degustación de mexillón, ás 13.00 horas, no paseo marítimo da vila. A mostra, titulada Secadoiros de Congro poderá visitarse desde o sábado, 23 de marzo, ata o luns, 1 de abril, na Casa das Beiras, que tamén acollerá exhibicións de artesanía en vivo.