Tras os anos pasados na política autonómica, Ovidio Rodeiro afronta a súa segunda etapa como alcalde de Boqueixón máis ilusionado ca nunca coa tarefa que ten por diante.

Asegura que goberna un concello “ideal para vivir e para ter fillos”, que medra de maneira equilibrada e con máis e mellores servizos que a maioría dos municipios rurais.