Unhas xornadas para promover a cultura viticultora

As Xornadas Técnicas sobre a cultura do Viño desenvólvense estes días con conferencias, visitas e catas

Distintos momentos das xornadas técnicas de este ano

Distintos momentos das xornadas técnicas de este ano / ECG

Redacción

A Exaltación do Viño da Ulla leva da man unhas Xornadas Técnicas dedicadas á cultura do viño, que o Concello organiza estes días na localidade. Un programa variado que inclúe conferencias a cargo de expertos na materia, catas de viños e visitas a varias adegas.

O proxecto xorde baixo a idea de crear “espazos adicados á formación dos viticultores da zona”, co fin, comentan dende a organización, de mellorar e estimular as producións de calidade, así como de divulgar novos coñecemetnos entre os consumidores, “mergullándoas” na cultura do villo. Os obxectivos, alén de poñer en valor a cultura do viño como produto de calidade e promocionar os viños da subzona, son os de fomentar, tamén, o desenvolvemento científico e técnico do territorio.

As actividades promovidas no marco destas xornadas técnicas comezaron o mércores, coa conferencia Viticultura e cambio climático, a cargo de Diego García Santiago, responsable do Departamento de Viticultura da adega Paco&Lola.

Os actos continuaron xoves, cunha saída ao campo onde os asistentes puideron visitar a estación experimental de viticultura e enoloxía de Ribadumia (EVEGA). Os asistentes tamén visitaron a adega Granbazan.

Onte, os presentes puideron gozar con Harmonia: viños e tapas, unha cata comentada co sumiller Nacho Costoya Eyo e con Julio Mato del Río, chef do programa da TVG A voltas co prato. A xornada concluíu cun acto de clausura e entrega de diplomas acreditativos desta edición da iniciativa.

LER AQUÍ O ESPECIAL EN PAPEL DA FESTA DO VIÑO DA ULLA EN VEDRA 2024

LER AQUÍ O ESPECIAL EN PAPEL DA FESTA DO VIÑO DA ULLA EN VEDRA 2024

LER AQUÍ O ESPECIAL EN PAPEL DA FESTA DO VIÑO DA ULLA EN VEDRA 2024