Síguenos en redes sociales:

HISTORIA

Vimianzo busca actores e actrices para dar vida aos Irmandiños que asaltarán o castelo

A selección celebrarase o 12 de maio na casa da cultura

Aberto o prazo de inscrición na Feira Artesanal

O día 2 poranse á venda ás entradas para a Cea Medieval

Vimianzo busca actores e actrices para dar vida aos Irmandiños que asaltarán o casteloCedida

Vivir unha experiencia que non se esquece na vida. Iso pasaralles aos actores e actrices que superen o casting para converterse nos Irmandiños e Irmandiñas que protagonizarán o Asalto ao Castelo de Vimianzo o 6 de xullo. Os interesados están citados para o día 12 de maio ás 11.45 horas na casa da cultura. Alí poderán coñecer máis sobre o argumento e os personaxes da representación, que este ano estará dirixida por Guillermo Méndez.

A organización tamén abriu o prazo para inscribirse como feirante na duodécima Feira Artesanal aberta a artesáns e produtores de alimentos ecolóxicos. Como novidade, este ano haberá un concurso entre os postosparticipantes, no que se valorará a decoración e ambientación medieval.

A partir do 2 de maio, ás 12.00 horas, poranse á venda as entradas para a Cea Medieval, que xuntará medio milleiro de comensais no foso do castelo. Como máximo poderán comprarse catro entradas por operación. Só se poderán mercar no portal www.woutick.es.

Pulsa para ver más contenido para ti