SUCESO

Trasladan en helicóptero a un veciño de Coristanco que caeu do tellado da súa casa

Unha muller avisou ao 112, sinalando que o home estaba consciente

Precipitouse desde unha altura duns dous metros de altura

O home ferido foi trasladado no helicóptero de Urxencias Sanitarias

O home ferido foi trasladado no helicóptero de Urxencias Sanitarias / Helico Santiago

J. M. Ramos

Un veciño de Coristanco foi trasladado en helicóptero ao hospital esta tarde despois de caer do tellado da súa casa. Unha muller foi quen deu a voz de alamar ao 112 Galicia ás 17.00 horas, sinalando que o home caera de costas desde o tellado da súa vivenda, situada na rúa de Muíño en San Tomé de Xaviña. Ademais, a alertadora indicou que o varón atopábase consciente e que caerá dende unha altura de dous metros.

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen mobilizou ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén tiveron coñecemento do accidente o GES de Ponteceso, a Garda Civil da Coruña e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coristanco.

TEMAS