ASEMBLEA
A patronal do turismo de Costa da Morte ampliará a campaña ‘Meses con R, aposta segura’
Contará cunha axuda de 198.803 euros dos Grupos de Acción Local Pesqueira
A entidade segue traballando para ampliar o número de socios

Directivos da patronal do turismo de Costa da Morte na asemblea de Vimianzo / APTCM
J. M. Ramos
A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) desenvolverá dous proxectos co apoio dos Grupos de Acción Local Pesqueira baseados na campaña piloto Meses con R, aposta segura, co fin de promocionar os produtos do mar desde o sector hostaleiro da zona. Para tal fin disporá dunha axuda de 198.803 €.
Ademais, a patronal desenvolverá novas iniciativas en colaboración coa Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), Turismo de Galicia, Agader e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. De todo elo deron conta aos asociados na asemblea ordinaria celebrada en Vimianzo.
O colectivo contratou tamén un servizo de asistencia técnica co Grupo Atlante, que xa traballa nas áreas de xestión administrativa, comunicación, desenvolvemento de proxectos e gobernanza.
A directiva segue traballando na captación de novos socios que, actualmente, superan xa os 170. “Hai que ser ambiciosos. Cantos máis sexamos, máis músculo gañaremos e mellores proxectos poderemos acometer”, afirmou o secretario, Damián Álvarez.
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Sin atracciones y con la comisión agotada: O Castiñeiriño afronta un San Antón marcado por la falta de relevo generacional
- Avistan un ejemplar de la tortuga más grande del mundo en Fisterra
- El palacete de casi 2 millones en Santiago que 'recuerda a Downton Abbey': una joya arquitectónica que no encuentra dueño
- Un hombre que agredió sexualmente a una amiga en Santiago tras una noche de marcha, condenado a once años de prisión
- Un compostelano idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: 'Ojalá sea una realidad
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias

