Día de Galicia

O impulsor do Rexurdimento: 100 anos de Manuel Murguía

O historiador galego falecía en A Coruña en 1923

Manuel Murguía, imaxe sen datar.

Manuel Murguía, imaxe sen datar. / RAG

Especial Día de Galicia

Co alcume de “primeiro construtor da nación”, a súa figura é parte fundamental da historia de Galicia, pero sobre todo da súa identidade.

Nado en Arteixo en 1833, finou en A Coruña en 1923, fai 100 anos. O impulsor do Primeiro Rexurdimento e creador da Academia Galega foi tamén o principal defensor e promotor da figura literaria da de Rosalía de Castro, a súa esposa.

A parella coñeceuse en Madrid, cando el traballaba como xornalista e participaba en tertulias xunto a outros intelectuais da época, coma Gustavo Adolfo Bécquer, Núñez de Arce, Francesc Pi i Margall, Emilio Castelar ou Mateo Sagasta.

En octubre de 1858 Rosalía e Manuel contraen matrimonio, pero pasan os seus primeiros anos por certas estrecheces económicas. E é que Murguía centrou todos os seus esforzos en preparar as súas investigacións. Entre elas, o Diccionario de escritores galegos, a Historia de Galicia ou os fundamentos do dereito histórco galego (que sentaron en boa parte a base do Dereito Civil actual).

Murguía era consciente dAa importancia da poesía como axitador revolucionario. Por iso, a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1866 está considerada a primeira pedra do Rexurdimento, o gran proxecto de Murguía, que tiña como obxectivo a recuperación literaria, cultural, política e histórica de Galicia.

Rosalía de Castro morreu en 1886, con só 49 anos, data dende a cal Murguía ase multiplicou a súa actividade investigadora, pero reduciu a política. Presidiu unha efémera Asociación Rexionalista Galega, a pesar de que se negou a encabezar o movemento. Posteriormente, con 72 anos, levou a cabo a idea que máis marcaría o futuro de Galicia: a creación dunha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores en A Cova Céltica, unha librería de A Coruña onde se reunían os intelectuais da época.

Sempre afín aos movementos dos emigrantes galegos en latinoamérica, promove en 1904 a creación dunha Sociedade Protectora da Academia Galega en La Habana, a partir da cal e dous anos despois, tras lograr o apoio de distintas personalidades, constitúese a Real Academia Galega, con data de 25 de agosto de 1906

Foi o propio Manuel Murguía quen a presidiu durante case vinte anos ata a data da súa morte, en 1923.

A efemérede desta data no actual 2023 motivou a presentantes das fundacións do Rexurdimento (Pondal, Rosalía, Curros, e Carlos Casares) a xuntarse para conmemorar, ao mesmo tempo, o 115 aniversario da primeira interpretación do Himno Galego.