Día de Galicia

Quen é quen no Pórtico da Gloria?

Que figuras atopamos representadas na xoia da Catedral?

O Pórtico da Gloria

O Pórtico da Gloria / X. Álvarez

Especial Día de Galicia

Fronte á praza do Obradoiro relucen as personaxes do Pórtico, así como as historias que contan.

Pero, quen son todas esas figuras? Que atopamos representado na xoia da Catedral? Esta obra de fai case mil anos trataba de transmitir unha mensaxe de esperanza e devoción, unha iconografía que mostraba o apocalíptico e a salvación.

De feito, ao Portico hai que “saber miralo”, para atopar todos os detalles escondidos na pedra, que conforman xuntos distintas historias, coma se dun libro se tratase. 

Estar fronte ó Pórtico da Gloria aseméllase a asistir a unha función de teatro, con tres arcos coma tres actos, e que lidos de esqueda a dereita contan a historia de xeito cronolóxico: Antigo Testamento (primeira chegada de Cristo), Apocalipse (Segunda Chegada de Cristo); e por último o Xuízo Final. 

As personaxes representadas parecen cobrar vida, e como chegou a sinalar a propia Rosalía de Castro, profetas e apóstoles case parece que conversan entre eles. Se nos colocamos díante, estamos seguros de que nos miran.

De feito, o sorriso no rostro do profeta Daniel é tan humano que parece relacionarse co resto de esculturas. Esta individualización, tan pouco usual do románico, é proba da súa cercanía ao estilo gótico, e trátase dunha das principais achegas das mans do Mestre Mateo á historia da arte. 

Para comezar. a ambos lados se desplegan, dereita, esquerda e incluso tras o e s p e c t a d o r, unha serie de estatuas-columnas (foron probablemente estas figuras as que inauguraron este estilo de soporte na arte da Península Ibérica). 

Estas figuras son, á dereita, os apóstoles de Cristo, serieque inicia con San Pedro, San Pablo, Santiago o Maior e San Xoan, mentres que á esquerda atopamos aos profetas máis destacados do Antiguo Testamento. De novo, as aparentes normas do románico se rompen, e podemos ver a todas as personaxes moi animadas, provistas de emoción e falando en parellas, rompendo co hieratismo das esculturas da época. 

No arco lateral esquerdo atopamos a representación do Pobo de Xerusalén, e o descenso de Cristo ata o limbo nos días que permanece na Terra antes da Resurrección. 

Durante esta viaxe, case de ‘ultratumba’, antes da Resurrección, Cristo libera aos xustos, como Adán, Eva e outras oito personaxes, das cales sete están coronadas, e que representan aos patriarcas das tribus de Israel. Todas elas, se prestamos atención a súa colocación, apretada e case sen espacio, están simbólicamente suixeitas ao cautiverio de Babilonia.

Pasamos ao arco central, o máis grande de todos e o único con tímpano. A estrela do Pórtico, é a escena que lle da nome á composición. Aparece presidido por unha imaxe apocalíptica de Cristo, mostrando as feridas da Pasión rodeado polos catro evanxelistas e o grupo de benaventurados que participan na Gloria de Deus. 

Jesús funciona neste punto como Xuíz, separando os dous lados do Pórtico, xulgando a vivos e mortos e simbolizando o seu triunfo sobre o mal e a morte. Aos anxos, acompañados de atributos da Paixón como a cruz ou a coroa de espiñas, sucédenlle, xa na arquivolta, outra das escenas máis coñecidas do Pórtico.

Os vinte e catro anciáns da Apocalipse afinan os seus instrumentos: un arpa románica, un laúd, unha viola oval (ou fídula) e o máis chamativo, xusto no centro da imaxe e coronando o tímpano, o organistrum. Trátase dun instrumento moi popular nos textos medievais, e que chama a atención a quen ten coñecemento da música galega: correspóndese á perfección cunha das nosas zanfoñas.

Especial mención merece tamén o parteluz, presidido por unha imaxe sedente de Santiago o maior coroando a columna coa árbore de Jesé, a xenealoxía humana de Cristo que se completa coa divina no capitel da Trindade. 

Finalmente, no arco da dereita, atopamos representado o Xuízo Universal, onde as cabezas de Cristo e San Miguel na clave separan ós benaventurados, que son conducidos á Gloria, dos condenados, que sofren tormento.

Se un observa o Pórtico con atención, pode encontrar figuras tan curiosas coma o home que sufre o castigo polo seu pecado de gula, comendo (o que parece) a versión medieval dunha empanada, pero cun cinto apretando o seu pescozo para non poder tragar, estando condenado a comer durante toda a eternidade. 

A resurrección dos mortos tamén está representada, debaixo de San Pablo, co paso dos xustos dende as arquivoltas ata o tímpano, acompañados por anxos que os arropan, mentres que os demonios levan con eles a quen non superou o xuízo dívino. 

O ‘Santo dos Croques’

Ademais, o Mestre Mateo tamén se representou a si mesmo ós pés do Pórtico da Gloria, un retrato de humildade, inédito na súa época, que foi ‘canonizado’ popularmente como ‘Santo dos Croques’ pola costume de peregrinos e estudantes de chocar a súa cabeza contra el. 

Debido á perfección e detalle desta obra monumental, xa séculos atrás naceu esta costume, na que aquel que quera contaxiarse da sabiduría do Mestre debía darse unha suave c a b e z a d a . Grazas a isto, durante moitos anos os estudantes de Co m p o ste l a tamén se referían a esta figura como “a santiña da memoria”, xa que se achegaban a ela, a darse -ata tres- golpes coa intención de aprobar con nota os seus exames. 

O nome, según diversos estudos, pode vir da palabra galega “croque”, ou, según outras investigacións, da lingua d’Oc, onde croq sería “rizo”, polo que o nome tamén podería significar “o Santo dae cabelos rizados”.