O Concello de Negreira despide as escolas deportivas municipais
As escolas deportivas municipais de Negreira celebraron onte o seu acto de clausura, nunha xornada festiva onde todas as familias puideron ver unha pequena mostra do traballo que se levou a cabo durante estes meses de curso.
“A práctica do deporte e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioritarios para o Concello de Negreira”, aseguraba o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.
En concreto, realizáronse partidos de fútbol sala, tenis, baloncesto ou patinaxe, entre outras modalidades deportivas que houbo no ano.
Tamén contouse coa Compañía Duelirium, que desenvolveu o seu espectáculo de ‘Danza Vertical’.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Comentarios
Ver comentarios