O Concello de Negreira despide as escolas deportivas municipais

Os rapaces e rapazas desfrutaron dunha xornada de despedida practicando os seus deportes / C. de Negreira

Os rapaces e rapazas desfrutaron dunha xornada de despedida practicando os seus deportes / C. de Negreira / André Couce

As escolas deportivas municipais de Negreira celebraron onte o seu acto de clausura, nunha xornada festiva onde todas as familias puideron ver unha pequena mostra do traballo que se levou a cabo durante estes meses de curso.

“A práctica do deporte e o fomento dos hábitos de vida saudables son prioritarios para o Concello de Negreira”, aseguraba o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

En concreto, realizáronse partidos de fútbol sala, tenis, baloncesto ou patinaxe, entre outras modalidades deportivas que houbo no ano.

Tamén contouse coa Compañía Duelirium, que desenvolveu o seu espectáculo de ‘Danza Vertical’.