Entrevista | Uxío Caamaño Árbitro de fútbol (@MrAsubio en X)

“O meu obxectivo é achegar a figura arbitral, que nos vexan máis coma persoas”

Uxío Caamaño, árbitro de fútbol e xestor de @MrAsubio en X

Uxío Caamaño, árbitro de fútbol e xestor de @MrAsubio en X / CEDIDA

Uxío Caamaño (19/02/1987) é un árbitro galego, actualmente nas categorías rexionais e con pasado nas nacionais, que xestiona a conta de @MrAsubio en X (antigamente Twitter). Nela conta con máis de 6.700 seguidores, cos que analiza case a diario as principais polémicas do fútbol galego e internacional dando a súa perspectiva coma colexiado.

Cando e cómo xurde a conta de @MrAsubio? Con qué fin?

A conta creeina en novembro do 2020, parece que foi onte pero xa levo catro anos. Un dos propósitos é intentar achegar as regras á xente. Moitas protestas e situacións feas que se ven, sobretodo no fútbol formativo, parten do descoñecemento das regras. Cantas veces escoitamos o de “ao porteiro na área pequena non se lle pode tocar”? Son cousas comúns que parten do descoñecemento e o gran propósito da conta é achegar a figura arbitral, que nos vexan máis coma persoas e que estén algo máis formadas.

Agardabas chegar a tanta xente coa conta?

A verdade é que non. Aparte, traballando en X que prácticamente é a rede do odio, todo o mundo entra e parece que está enfadado, e sendo árbitro que xa é dobre odio... Sabía que non ía ser fácil, pero moitas veces recibes contestacións poñendo en valor o teu traballo e a verdade e que compensan todas as malas palabras que recibes ás veces. Faite seguir traballando e estar no bo camiño para axudar aos meus compañeiros nos terreos de xogo.

Moitas veces acúsante de imparcial en función do equipo do que fales. Qué opinas disto?

Sí, pásame que os que son siareiros do Deportivo pensan que son do Celta, os do Celta que son do Deportivo, os do Madrid din que do Barça e os do Barça do Madrid... Eu simplemente falo basándome en criterios e regras de xogo. Son os dous alicerces que hai e no que nos temos que apoiar os árbitros, o que nos marca o CTA. Podes ver xogadas parecidas saldadas do mesmo xeito, para o equipo que sexa, e según o que esté en liza os do equipo rival me van a tachar dunha cousa ou doutra. Eu estou para falar de criterios, e o que queira coñecelos vaino entender. O demais é un problema de odio e de bufandismo, que hai moito, e a X moitos van a desafogarse. Sempre intento responder a todo o mundo, se me preguntan con faltas de respeto non o fago, pero se o fan con educación intento darlle a visión que debemos ter os árbitros sexa do equipo que sexa.

No fútbol español hai un gran debate sobre a figura dos colexiados. Ti crees que están máis protexidos ou perseguidos? E en Galicia?

Tal e como están a federación e o CTA, non están tan protexidos coma deberían, porque está un tanto débil a federación. De feito, a liga vai comendo cancha a federación. Marchou o presidente da federación, está un señor aí ocupando ese cargo non-electo... Entón non estamos protexidos, nin temos un CTA forte para que defenda aos árbitros. A nivel galego sí que estamos protexidos. Cando hai un problema temos un protocolo de actuación que antes non existía, eso é moi bo. Moitas veces, sobretodo cando estás comezando que é a parte máis perigosa da arbitraxe, en 2ª ou 3ª Rexional, pásanse momentos moi difíciles. Agora, esta ferramenta axuda a aliviar eses momentos. Pásase mal dende o minuto 1 de partido porque tomas unha decisión, aceptada ou errada, e moitos siareiros xa pasan todo o partido insultándote, incluso vendo que corre perigo a túa integridade física. Pero este protocolo é unha boa maneira de actuar que antes non se tiña e é moi boa para aliviar esas tensións habituais.

Cal foi a situación máis vergoñenta que viviches coma árbitro?

Tiven tres ocasións de parar o partido, todas en 3ª Rexional. Eu era pillo, xoguei ao fútbol dende os sete anos, e pasoume cando empecei a arbitrar. Nas tres ocasións, cando vía que o partido estaba quente, me metía no vestiario e ata que chegue a Garda Civil non segues co encontro. Unha das veces, en Pardellas, tiven a sorte de contar con dous anxos da garda. O delegado e un directivo, coa sorte de que o túnel de vestiarios era moi estreito, fixeron de tapón para que un xogador que estaba cabreadísimo conmigo non chegase a miña posición. Se non fose por aquelas persoas, ás que dende aquí lles dou as grazas, non sei que sería de min. Temín bastante pola miña integridade física. Xustamente ese día foran verme meus pais, e no acompañamento ata o coche empecei a chorar de impotencia polo mal rato que pasei. Aínda teño aquel momento na cabeza despois de 17 anos.

Chegaches a denunciar aquela situación?

Non, foi todo por vía federativa. Non chegou a golpearme, foron insultos e ameazas, que antes non estaba tan mal visto coma agora. O víamos coma algo máis normal, aínda que sexa todo o contrario.

Unha polémica frecuente na actualidade é a xerada polas perdas de tempo. Crees que se está actuando correctamente neste aspecto?

Hai dúas ferramentas para acabar con esto. As amonestacións e as consecuentes expulsións, e a outra os descontos. En España estamos vendo que por cada gol estase descontando un minuto. Isto non ocorre en Europa, é unha medida do CTA. Creo que cada vez hai menos perdas de tempo, sí que hay equipos que cando se poñen por diante usan esas armas mellor que outros, pero penso que son bastante penalizados nos descontos. Habería que ver os datos, pero seguramente nos partidos do Getafe ou do Cádiz se xoguen bastantes menos minutos que nun do Celta ou de equipos que propoñan e se dediquen a xogar. Eu non vexo un problema de tempo perdido, pero sí teño claro que para acabar con eso a IFAB, que son os que fan as regras do xogo, teñen a medida perfecta para fácelo: xogar a tempo parado. Penso que sería unha medida estrela. 

Fai un par de semanas, na Primeira División, mandaron a Gil Manzano ‘a nevera’ por un erro no Valencia - Madrid. Crees que este tipo de medidas son efectivas? E neste caso era xusto?

Polo partido, non. Para que se vexa como cambia a vida dun árbitro en cuestión de segundos. Fixo un bo partido e o único erro foi non pitar tres segundos antes. A min chegoume que tardou porque estaba agardando a que o VAR confirmase que non hai nada. O que debería facer é pitar e pedir que agarden a que llo confirmen antes de mandar a xente á ducha, pero non foi así, durmiuse e pasou o que pasou. O ano pasado pasoulle o mesmo a Ortiz Arias, e por similitude dos dous lances tiña claro que o CTA debería actuar da mesma maneira. As ‘neveras’ ou castigos paréceme que non aportan. Se un xogador fai un mal partido, o adestrador de turno non o expón e o manda a ningunha ‘nevera’, e cos árbitros debe ser igual. Cónstame que Gil Manzano estaba desolado despois do partido, sabe que se trabucou e moi pouca xente empatiza cun árbitro. Entendo que o CTA che diga que actuaches mal, pero sóbranme estes castigos, parece que só se quere escarmio.

Fai seis tempadas que se utiliza o VAR e xera moita polémica. Estase aproveitando axeitadamente?

As críticas ao VAR chegan porque se está utilizando de máis. Cando se instalou dixéronnos que viña para situacións como a ‘mano de Dios’ de Maradona, outra man de Henry con Francia, un gol de Messi que pega medio metro dentro da portería e non se dá... E agora mesmo vemos que se usa para todo. Estanse anulando goles por un medio agarrón do dianteiro ao central dez segundos antes de que se produza o gol. Creo que estaría moi ben se nunha temporada enteira se usase dez, doce, quince veces... Agora mesmo, iso pasa nunha soa xornada. E algunha xente aínda quere que se use máis. Eu creo que non viu para eso.

Fai pouco fíxose viral unha pelea nun partido de veteráns de Arteixo. Máis alá de protocolos, cómo pode actuar un árbitro nunha situación tan esaxerada?

Cas ferramentas que tes, pero hai que ser intelixente nesas situacións. Nunha batalla campal coma esa, o primeiro é non meterte ti no medio, aínda que haxa xente que di “pero porqué non axuda o árbitro?”, e non é así. O meu consello é apartarse, non vaias salir mal parado, e despois anotar o que ves, aínda que non sexa doado. Logo, según o contexto do partido, tomar as medidas disciplinarias axeitadas. O que non pode ser é que se vaia facer deporte e pasen esas cousas.

Por último, anímaste a dicir algún equipo que penses que está tendo sorte cas arbitraxes? Ou polo contrario, que esté saíndo perxudicado?

Pois esta tempada, alimentado por Rafa Benítez ao mellor para non falar tanto do seu traballo ou da táctica, que están os siareiros do Celta bastante enfadados co tema dos árbitros, e sí que houbo erros que perxudicaron ao Celta pero tamén os hai a favor. Hai un partido que pode marcar toda a tempada, porque están loitando co Cádiz por esa última praza para evitar o descenso, no Celta - Cádiz os gaditanos quedan con dez na primeira parte por evitar unha suposta ocasión manifesta de gol cando hai un central cerca da xogada, que fai que non sexa manifesta para min, e sin embargo a xente do Celta non puxo o grito no ceo porque nesa xogada os beneficiaran. E hai algunha máis, un gol contra o Getafe en Balaídos, que quedara con dez na primeira parte, e no comezo da xogada hai un codazo de Unai Núñez sobre Aleñá. Tamén puido entrar o VAR para anular ese gol. Seguramente ningún siareiro céltico lembre estas xogadas, sen embargo, os erros que os perxudicaron os teñen moito en mente. Pero eu máis que dicir un equipo máis ou menos perxudicado, gustaríame sinalar que a xente ten memoria selectiva para determinar as cousas, e non só neste caso, en todos os equipos de fútbol.