Entrevista | Manuel Fuentes Lamas Cabeza de lista de Vox pola provincia da Coruña

“Hay determinadas políticas del PP que por desgracia siguen una agenda ‘progre’”

Manuel Fuentes, veterinario de profesión, encabeza a candidatura na Coruña de Vox que buscará acadar representación no único parlamento autonómico que polo momento se lle resiste. No desenvolvemento da entrevista pediu continuar en galego porque en Galicia “non existe ningún problema co idioma” 

El cabeza de lista de Vox por A Coruña, Manuel Fuentes

El cabeza de lista de Vox por A Coruña, Manuel Fuentes / Casteleiro

Galicia lleva 15 años gobernada por el Partido Popular, con quienes ustedes gobiernan cuatro comunidades autónomas. ¿Por qué ven necesaria la presencia de Vox en el Parlamento gallego? ¿Qué es necesario cambiar en el Gobierno gallego?

Nosotros en Vox aspiramos a representar a miles de gallegos cuyas ideas a día de hoy no están representadas ni en el Gobierno autonómico ni en el Parlamento de Galicia. Hay muchos gallegos que no votarían a ninguno de los partidos actuales y que están deseando oír nuestra voz.

Hace unos meses, el Partido Popular les solicitó que no presentaran su candidatura a las elecciones gallegas. ¿Por qué considera usted que les molesta a los populares su presencia en Galicia cuando, como ya dijimos antes, gobiernan con ellos en otros lugares?

Nosotros no somos el PP, somos un partido totalmente diferente y yo creo que los populares deberían entender de una vez que nosotros no somos el enemigo, que el enemigo es el avance de la izquierda y el separatismo.

En ese sentido, ustedes acusan a los populares gallegos de llevar a cabo políticas que se asemejan más a las que podría hacer el PSOE...

Hay determinadas políticas del Partido Popular que, por desgracia, parece que siguen una agenda ‘progre’. Una agenda que busca imponer normas contrarias a la libertad y nosotros no estamos de acuerdo con eso ni mucho menos. Desde la libertad de la lengua hasta las leyes de género, por poner dos ejemplos. El PP se presenta como un partido conservador, pero la realidad es que Galicia parece que se ha convertido en un territorio de pruebas para acceder a todo lo que va dictando la izquierda, el separatismo y el globalismo.

Precisamente, ustedes consideran necesario derogar la ley de igualdad de género que ha aprobado el PP en Galicia con la abstención de los dos partidos de la izquierda.

Sí, nosotros estamos a favor de la igualdad de las personas, sin distinguir ni su sexo, ni su edad, ni su religión, ni sus creencias. Creemos que no tiene que haber unas personas que por sus creencias o por su sexo sean más o menos que otras. Esa para nosotros es la auténtica igualdad.

En caso de lograr obtener representación en el Parlamento gallego lograr por fin ese primer escaño o dos o tres, ¿ustedes pedirían entrar en el Gobierno?

Eso ya lo ha dejado muy claro nuestro presidente, Santiago Abascal. Primero hay que esperar a lo que digan los gallegos, y en función de los resultados obtenidos, ya se tomará una decisión. Ahora mismo sería poner el carro antes que los bueyes. Nosotros no estamos para cambiar puestos ni sillas, estamos para cambiar las políticas y, sobre todo, la forma de vivir de los gallegos.

Hace cuatro años, más de la mitad de los gallegos no acudió a votar en las elecciones autonómicas. ¿Ustedes creen que es ahí donde está su base electoral en Galicia, o cree que tendrán que pugnar por arrebatarle votos al PP para lograr representación?

Hay muchas personas que consideran que Vox solo se nutre del granero de votos del PP, eso es un error mayúsculo. Nosotros tenemos votantes del PSOE, de Ciudadanos y de prácticamente todas las fuerzas políticas. Te podría sorprender si te digo que hay votantes del BNG que están dispuestos a votar a Vox pero los hay, te lo aseguro porque los conozco con nombres y apellidos. Los gallegos lo que quieren es que se tomen decisiones valientes en todos los ámbitos de la economía, y solo Vox parece dispuesto a tomarlas.

Pasando a hablar del idioma, ¿habla usted gallego?

Si, si, perfectamente. Podemos seguir facendo a entrevista en galego sen ningún problema. En Galicia non hai ningún problema co idioma. Os galegos falamos exactamente igual o español que o galego. Temos afortunadamente dous idiomas. O galego é un patrimonio non só dos galegos, senón de toda España e dos españois. Iso hai que telo claro, hai que fomentalo e respetalo pero o que non se pode é utilizar como unha arma ‘arrojadiza’ entre nós.

Precisamente nese sentido, vostedes pensan que existe unha imposición da lingua ou que está excesivamente coidada dende as institucións...

Non, a lingua nunca vai estar coidada de máis. O que temos é unha clarísima imposición lingüística na administración. É unha cousa evidente e creo que o que non a vexa é que ten un problema.

Estamos vivindo unha campaña autonómica con moito interés a nivel español e ampla presenza de líderes estatais, tamén Santiago Abascal. Estamos ante unha revalida do 23-X?

Bueno, a nós dános igual o que pensen Pedro Sánchez e Feijóo. O que nos importa realmente é a vida dos galegos, que chegue nitidamente a voz de Vox e o que queremos facer. Evidentemente o noso presidente, Santiago Abascal, e todas as persoas que estan arredor de Vox veñen a Galicia para que os galegos sintan de primeira man a cercanía da nosa formación. Estou farto de escoitar que Vox é alleo a Galicia, está é a demostración tácita e nítida de que non é así.

De cara ao 18-F hai dous claros candidatos a presidir a Xunta. Por un lado Alfonso Rueda (PP) e por outro Ana Pontón (BNG). Se o BNG chega a Xunta, correría Galicia o risco de seguir o camiño emprendido anteriormente por Cataluña?

Creo que non vai a ocurrir. O que si que teño claro é que un novo goberno de esquerdas en Galicia co separatismo á cabeza tería consecuencias nefastas para as clases medias e populares como xa se demostrou noutros territorios e a nivel nacional. Un Goberno dese xeito destruiría emprego e polo tanto as condicións materiais dos galegos veríanse afectadas. Os dogmas ecoloxistas que os poderes fácticas ditan dende a esquerda a Bruxelas asfixiarían aínda máis o sector primario e a industria. A seguridade nos nosos barrios degradaríase cara a delincuencia e as mulleres, en especial, estarían máis desprotexidas.

Neste sentido, vostedes a nivel estatal apostan porla ilegalización dos partidos independentistas. Entraría o BNG nesa lista?

Pois agora mesmo si. O BNG no seu programa leva aspectos totalmente independentistas. É así, nós non fixemos o seu programa.

Nese programa non figura en ningún caso a independencia, nin se solicita a mesma...

Non, non figura de forma tácita, pero si subliminal. Non sei que é peor.

A cara máis persoal do candidato

Con que político doutro partido iría de cervexas?

Por sorte ou por desgraza, non coñezo ningún político doutros partidos. Iría a tomar unhas cañas coa xente dos bares para escoitar os seus problemas.

Nalgún momento da súa vida rezou?

Si, son católico practicante. Rezo tódolos días. Alto e claro.

Fai algunha tarefa do fogar? Cal é a súa favorita? E a que detesta?

Pois mira, a compra facémola moitas veces xuntos miña muller e mais eu, así aproveitamos para despois ir tomar algo. Encárgome sempre da ‘plancha’, porque a ela non lle gusta, pero despois cociña moito mellor -ca min, aí non lle podo facer nin sombra. Como a maioría de familias galegas, apoiámonos un ao outro.

Canto custa unha botella de aceite?

Pois mira, en Eroski agora mesmo está a 1,35 o litro de aceite de xirasol. En Carrefour algo máis caro: 1,45. E o aceite de ‘orujo’ de oliva está agora mesmo a 4,95.

Cal é a receita que lle sae especialmente ben?

A lasaña de carne. Na casa gústanos moito.

Ve algunha serie de televisión?

Pois non. A verdade é que practicamente non miro a televisión.

O seu gran concerto?

Recordo con moito cariño un concerto de Mecano en Coruña ao que fun coa miña muller. Quedaríame con ese.

A súa canción favorita?

Pois mira eu fun tuno na universidade na Facultad de Veterinaria de Cáceres. Encántame esa música, e aínda que pareza un pouco raro é o que me poño no coche. Gustame moito ‘Clavelitos’.

O seu maior defecto?

Son bastante impetuoso. Hai veces que teño que dicir, “a ver antes de facer isto conta ata dez”.

Unha manía?

Pois a verdade é que non teño.

O seu maior arrepentimento?

Sempre hai alguén a quen por acción ou por omisión lle fallamos. Creo que os tiros irían por aí.