Elecciones 23J

Pontón solicita o voto nun escenario no que "Galicia se xoga moito"

Pontón solicita o voto nun escenario no que "Galiza se xoga moito"

Javier Rosende Novo

"Non é o momento nin de votar por medo nin de votar polo mal menor. É o momento de votar con ilusión, con ganas. O momento de votar por Galiza", reiterou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nesta ocasión na súa visita a Santiago de Compostela para pedir o voto da súa formación, xa que "os votos do BNG van ser determinantes para que o noso país teña forza e para que a axenda galega se faga valer ante o Estado". Asegurou, ademais, que a súa formación estalle disputando escaños ao Partido Popular nas catro provincias e apelou a que "cada escano máis do Bloque é un menos para Feijóo".

"Este 23 de xullo fagamos que gañe Galiza votando BNG", finalizou a líder do BNG.