O PSdeG cualifica de "ocorrencia" o proxecto de Verea para soterrar o tráfico no centro de Santiago

A primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón, censura a idea e di que "Compostela merece proxectos serios e estudiados como os que propón o alcalde Sánchez Bugallo”

A primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, cualifica de "ocorrencia" a proposta de Vera para soterrar o tráfico entre A Senra e Virxe da Cerca

A primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, cualifica de "ocorrencia" a proposta de Vera para soterrar o tráfico entre A Senra e Virxe da Cerca / PSdeG

ECG

Mercedes Rosón convidou o candidato do Partido Popular de Santiago a tomar un café na cafetaría A Muralla para que comprenda que “o que propón como proxecto estrela é unha ocorrencia froito da súa inexperiencia e da insolvencia da súas ideas”. E é que neste local o seu solo acristalado permite ver os restos da muralla que existen baixo esta zona. “A ninguén se lle ocorre hoxe escavar máis dun quilómetro de tramo na cidade histórica xusto onde está a antiga muralla” explica a primeira tenente de alcalde que cualificou a o túnel subterráneo desde Porta do Camiño ata Xoán Carlos I de “proposta moi esgotada e irrealizable” xa que “todos os candidatos do Partido Popular repiten a mesma ocorrencia cando chegan as eleccións locais”.

Referíndose a un “baúl dos recordos” que o candidato volva recuperar ideas que xa estaban superadas, Mercedes Rosón conclúe reivindicando que Compostela merece “proxectos serios e estudados como os que propón o alcalde Sánchez Bugallo” e non “ocorrencias xa superadas”.