Síguenos en redes sociales:

Sociedade Galega do Medio Ambiente

A “Era circular” chega ao plan estratéxico de Sogama

A entidade traballa nunha nova folla de ruta que lle permitirá pasar de tratar refugallos a converterse nunha empresa xeradora de recursos para o 24-30

A “Era circular” chega ao plan estratéxico de SogamaCedida

Evolucionar e adaptarse aos cambios esixidos por un modelo de desenvolvemento que ten como epicentro a economía circular

Iste é o motivo polo que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), non en van considerada unha das empresas máis modernas do seu sector en Europa, vén de pórse mans a obra e iniciar un profundo e exhaustivo traballo encamiñado ao deseño e elaboración dun novo plan estratéxico a materializar no período 2024-2030.  

¿O obxectivo? Ir un paso máis alá na valorización de refugallos e evolucionar deste xeito cara unha empresa xeradora de recursos, que impulse a transformación de Galicia nunha economía próspera, moderna, competitiva, descarbonizada e respectuosa co medio ambiente. 

En liña cos ODS

A entidade pública quere impulsar a transformación de Galicia cara unha economía moderna, descarbonizada e respectuosa co medio ambiente

Pasadas tres décadas desde a súa creación, Sogama prepárase deste xeito para un cambio de era e toma coma referencia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, os acordos de París, o Pacto Verde Europeo (a súa prioridade é conseguir que Europa sexa climáticamente neutra para o ano 2050) e, por suposto, a normativa europea, estatal e autonómica que rixe a súa actividade.

Un novo plan estratéxico que quere dar un gran pulo á sostibilidade, entendida coma o equilibrio entre a protección ambiental, o crecemento económico e a cohesión social. Con todo isto, Sogamapasará de ser unha empresa de tratamento de refugallos para dar un paso máis en valor engadido e evolucionar cara unha empresa de tratamento de refugallos

Neste marco, a entidade pública vén de decidir a posta en marcha dun exercicio de revisión, planificación e de actualización estratéxica que lle permita anticiparse, estar á vangarda e contribuír á transición da comunidade galega cara unha verdadeira economía circular, na que os produtos permanezan o maior tempo posible na economía e, unha vez agotada a súa vida útil, poidan volver a converterse en novas materias primas e se reincorporen ao circuíto comercial. 

Deste xeito, o novo plan estará marcado por liñas mestras tales como:

  • Ser referentes en valorización de refugallos e economía circular,
  • Cumprimento dos obxectivos europeos,
  • Adopción do enfoque de simbiose industrial,
  • Descarbonización de procesos,
  • Eficiencia Enerxética,
  • Minimización dos impactos ambientais,
  • Dixitalización,
  • ESG, e
  • Desenvolvemento de talento.

Un traballo plural e integrador

Para a elaboración do novo plan estratéxico, Sogama vai contar coa visión de expertos e técnicos dos sectores ambiental, enerxético e económico, sen perder de vista as aportacións dos seus grupos de interese, especialmente con aqueles cos que interactúa de forma permanente, como é o caso de provedores, contratistas, traballadores e Concellos, ademais de outros colectivos sociais aos que presta un servizo público considerado básico e esencial.

Almacén de CDR no Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda
.

Sogama instalará paneis fotovoltaicos no Complexo de Cerceda

Sogama remodelará integramente o tellado da nave de CDR (Combustible Derivado dos Residuos non reciclables), localizada no Complexo Medioambiental de Cerceda, a fin de instalar no mesmo paneis fotovoltaicos e reforzar así a aposta da empresa pública por incorporar aos seus procesos as enerxías renovables.

Con este obxectivo, Sogama licitou por un importe de 3.769.920 euros, IVE incluído, o contrato para a subministración, montaxe e posta en marcha dos devanditos paneis fotovoltaicos, contemplando todas as accións que sexa necesario acometer. Neste sentido, inclúe desde a elaboración do proxecto de execución e correspondente cálculo de estruturas, ata a posta en marcha da instalación, que se configurará na modalidade de subministración para autoconsumo, xa que o Complexo cercedense dispón de suficientes consumidores como para absorber o total da enerxía xerada.

En canto á nave obxecto da actuación, trátase dunha estrutura de planta rectangular, cuberta a dúas augas e cunhas dimensións aproximadas de 212 x 42 metros, destinada a almacenar o combustible derivado dos residuos non reciclables e preparada para alimentar as caldeiras da planta termoeléctrica, na que se xera enerxía suficiente como para abastecer ao 12% dos fogares galegos.

Na cuberta da nave prevense dous campos fotovoltaicos distintos divididos por zonas e orientación da cuberta. Os módulos, que en todo caso deben ser de alta eficiencia e dispoñer de certificado de calidade, serán instalados coa inclinación de cada unha das augas, de tal forma que se adapten completamente á súa xeometría e non orixinen sombras entre elas.

A conversión entre a corrente continua xerada polos paneis á corrente alterna con tensión adecuada para a súa conexión á rede de distribución do complexo, realizarase mediante unha serie de inversores distribuídos pola planta, de tal forma que se minimicen os percorridos de cableado de corrente continua.

Pulsa para ver más contenido para ti