Sociedade Galega do Medio Ambiente

A “Era circular” chega ao plan estratéxico de Sogama

A entidade traballa nunha nova folla de ruta que lle permitirá pasar de tratar refugallos a converterse nunha empresa xeradora de recursos para o 24-30

A directora xeral de Sogama, Mirta Sueiro, e o presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez.

A directora xeral de Sogama, Mirta Sueiro, e o presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez. / Cedida

B.C

Evolucionar e adaptarse aos cambios esixidos por un modelo de desenvolvemento que ten como epicentro a economía circular

Iste é o motivo polo que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), non en van considerada unha das empresas máis modernas do seu sector en Europa, vén de pórse mans a obra e iniciar un profundo e exhaustivo traballo encamiñado ao deseño e elaboración dun novo plan estratéxico a materializar no período 2024-2030.  

¿O obxectivo? Ir un paso máis alá na valorización de refugallos e evolucionar deste xeito cara unha empresa xeradora de recursos, que impulse a transformación de Galicia nunha economía próspera, moderna, competitiva, descarbonizada e respectuosa co medio ambiente. 

En liña cos ODS

A entidade pública quere impulsar a transformación de Galicia cara unha economía moderna, descarbonizada e respectuosa co medio ambiente

Pasadas tres décadas desde a súa creación, Sogama prepárase deste xeito para un cambio de era e toma coma referencia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, os acordos de París, o Pacto Verde Europeo (a súa prioridade é conseguir que Europa sexa climáticamente neutra para o ano 2050) e, por suposto, a normativa europea, estatal e autonómica que rixe a súa actividade.

Un novo plan estratéxico que quere dar un gran pulo á sostibilidade, entendida coma o equilibrio entre a protección ambiental, o crecemento económico e a cohesión social. Con todo isto, Sogama pasará de ser unha empresa de tratamento de refugallos para dar un paso máis en valor engadido e evolucionar cara unha empresa de tratamento de refugallos

Neste marco, a entidade pública vén de decidir a posta en marcha dun exercicio de revisión, planificación e de actualización estratéxica que lle permita anticiparse, estar á vangarda e contribuír á transición da comunidade galega cara unha verdadeira economía circular, na que os produtos permanezan o maior tempo posible na economía e, unha vez agotada a súa vida útil, poidan volver a converterse en novas materias primas e se reincorporen ao circuíto comercial. 

Deste xeito, o novo plan estará marcado por liñas mestras tales como:

  • Ser referentes en valorización de refugallos e economía circular,
  • Cumprimento dos obxectivos europeos,
  • Adopción do enfoque de simbiose industrial,
  • Descarbonización de procesos,
  • Eficiencia Enerxética,
  • Minimización dos impactos ambientais,
  • Dixitalización,
  • ESG, e
  • Desenvolvemento de talento.

Un traballo plural e integrador

Para a elaboración do novo plan estratéxico, Sogama vai contar coa visión de expertos e técnicos dos sectores ambiental, enerxético e económico, sen perder de vista as aportacións dos seus grupos de interese, especialmente con aqueles cos que interactúa de forma permanente, como é o caso de provedores, contratistas, traballadores e Concellos, ademais de outros colectivos sociais aos que presta un servizo público considerado básico e esencial.

Almacén de CDR no Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda
.

Almacén de CDR no Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda
. / Cedida

[object Object]

Sogama remodelará integramente o tellado da nave de CDR (Combustible Derivado dos Residuos non reciclables), localizada no Complexo Medioambiental de Cerceda, a fin de instalar no mesmo paneis fotovoltaicos e reforzar así a aposta da empresa pública por incorporar aos seus procesos as enerxías renovables.

Con este obxectivo, Sogama licitou por un importe de 3.769.920 euros, IVE incluído, o contrato para a subministración, montaxe e posta en marcha dos devanditos paneis fotovoltaicos, contemplando todas as accións que sexa necesario acometer. Neste sentido, inclúe desde a elaboración do proxecto de execución e correspondente cálculo de estruturas, ata a posta en marcha da instalación, que se configurará na modalidade de subministración para autoconsumo, xa que o Complexo cercedense dispón de suficientes consumidores como para absorber o total da enerxía xerada.

En canto á nave obxecto da actuación, trátase dunha estrutura de planta rectangular, cuberta a dúas augas e cunhas dimensións aproximadas de 212 x 42 metros, destinada a almacenar o combustible derivado dos residuos non reciclables e preparada para alimentar as caldeiras da planta termoeléctrica, na que se xera enerxía suficiente como para abastecer ao 12% dos fogares galegos.

Na cuberta da nave prevense dous campos fotovoltaicos distintos divididos por zonas e orientación da cuberta. Os módulos, que en todo caso deben ser de alta eficiencia e dispoñer de certificado de calidade, serán instalados coa inclinación de cada unha das augas, de tal forma que se adapten completamente á súa xeometría e non orixinen sombras entre elas.

A conversión entre a corrente continua xerada polos paneis á corrente alterna con tensión adecuada para a súa conexión á rede de distribución do complexo, realizarase mediante unha serie de inversores distribuídos pola planta, de tal forma que se minimicen os percorridos de cableado de corrente continua.