A Mancomunidade do Camiño Francés, un exemplo da promoción da ruta

A corporación está formada polos once concellos polos que transcurre o Camiño en Galicia: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino

Alcaldes e concelleiros dos municipios da Mancomunidade durante a súa visita á cidade italiana de Pistoia / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Anxo Bentrón

O Camiño Francés é o itinerario xacobeo por excelencia, o que conta cunha maior tradición e o máis recoñecido internacionalmente. A súa porta de entrada a Galicia é pola provincia de Lugo, concretamente por Pedrafita do Cebreiro, e percorre preto de 160 quilómetros para chegar a Santiago atravesando Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino. Once concellos que conforman a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, unha iniciativa que busca promocionar e mostrar a importancia desta ruta de peregrinaxe.

A Mancomunidade naceu no ano 2001, pero, sen embargo, é nos últimos anos nos que se está rexistrando unha maior actividade. «Antes era unha actividade máis cara adentro porque eran os propios concellos os que se encargaban directamente do Camiño. Agora iso faise de forma conxunta, buscando ese ben común entre todos», destacou a presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias. Proba disto é a campaña de promoción que están realizando este ano e que se centra en visibilizar a riqueza cultural da ruta e adaptala ás necesidades da actualidade. «Dende o ano 2017 firmamos un convenio coa Xunta e este é o primeiro ano que o dedicamos íntegramente á promoción do Camiño Francés», engadiu.

O bo papel e a importancia da Mancomunidade recae, como expresa Olga Iglesias, «na unanimidade, a concordia e a unidade de acción» dos alcaldes dos once concellos, que «á marxe da ideoloxía» traballan por un fin común:«traballar pola promoción do Camiño Francés e traballar para que os nosos veciños e os pereginos estean ben».

Unha promoción nacional e internacional do Camiño

Como parte da campaña de promoción do Camiño Francés a Mancomunidade participou en numerosas actividades e actos promocionais en varios puntos da xeografía española. Neste sentido, o pasado 21 de agosto os alcaldes e alcadesas dos once concellos visitaron a localidade leonesa de Molinaseca nun encontro significativo para destacar a importancia de manter e promover o Camiño Francés: «Quixemos facer un acto simbólico depositando e cada un dos alcaldes depositamos unha pedra na Cruz de Ferro».

A presidenta da Mancomunidade, Olga Iglesias, na Cruz de Ferro / Cedida

Esta non foi a única inicitiva na que participou a Mancomunidade, que neste mes de outubro formou parte da I Feria Camino do Peregrino no municipio palentino de Carrión de los Condes. «Trátase dunha das partes fundamentais deste proxecto que se está desenvolvendo, porque serve para promocionarnos e para mostrar que cremos no peregrino de longa distancia», comentou a alcaldesa de Triacastela.

Esta promoción levada a cabo pola Mancomunidade non é exclusiva do panorama nacional, senón que trascende fronteiras, chegando incluso a Italia. «Grazas ao convenio que firmamos con Turismo de Galicia» os alcaldes dos concellos que pertencen á Mancomunidade foron á coñecida como «a pequena Compostela», Pistoia, nunha xornada de irmandamento e que desencadeou nun «acto de coñecernos e de presentar posibles colaboracións entre nós».

Camino de Europa

Para seguir fomentando e destacando o Camiño Francés, a Mancomunidade de Municipios Galegos, xunto a diversos socios, crearon o proxecto de dixitalización Camino de Europa, coa creación dunha plataforma tecnolóxica que ofrece unha maneira innovadora de contribuir ao desenvolvemento sociocultural e económico das localidades galegas que forman parte do proxecto, así como os municipios de Camponaraya, Trabadelo, Vega de Valcarce e Villafranca del Bierzo. Este proxecto de dixitalización está enfocado a mellorar a experiencia do peregrino mendiante ferramentas tecnolóxicas e busca facilitar o acceso á información e facer máis accesibles os servizos ao longo da ruta.

Unha guía dixital novedosa

O vindeiro martes 12 de novembro, e buscando achegarse máis aos peregrinos internacionais, a Mancomunidade presentará a súa nova guía dixital. Según sinalou Olga Iglesias, o obxectivo é que a ferramenta, que estará dispoñible en galego, castelán, francés, inglés, italiano e alemán, sexa distribuida nas asociacións de peregrinos en todo o mundo «para seguir dando a coñecer o Camiño Francés e que sepan que os recibimos cos brazos abertos». Tamén se lanzará ese mesmo día unha actualización da imaxe corporativa da Mancomunidade, buscando «ir un pouco máis acordes á actualidade».

Esta promoción que están realizando ao longo deste ano co apoio da Xunta de Galicia é algo necesario para o Camiño Francés e para a Mancomunidade, tal e como sinala a súa presidenta: «Agora vemos a necesidade, sobre todo debido a que se está reducindo o número de peregrinos do Camiño Francés, de traballar neste sentido, que os peregrinos non deixen de elixirnos, ou polo menos que non deixemos de ser a primeira opción». «Esta campaña de promoción do Camiño Francés para nós é obrigatoria. É algo principal para nós e imos poñer todo o noso empeño en que así siga sendo», concluíu a presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.

Pulsa para ver más contenido para ti

A través destas iniciativas, a Mancomunidade reflicte o seu compromiso por desenvolver o Camiño de Santiago, e a ruta francesa en particular, como un destino cultural para peregrinos de todo o mundo, buscando preservar e mellorar a experiencia actual.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar