Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

El Pazo do Hórreo se une para erradicar la pobreza

Frente a la crispación política estatal, los tres grupos políticos gallegos acuerdan una pionera declaración institucional en favor de quienes menos tienen

En el Pazo do Hórreo, bien entrado el siglo XXI, triunfó al fin la unidad frente a la crispación. Los tres grupos políticos mostraban el camino a la clase política en España y aprobaban, por unanimidad, una declaración institucional que reafirma su compromiso en la lucha contra la pobreza y la exclusión social, el odio y la aporofobia.

La acción fue propuesta por EAPN Galicia –Red Europea Contra la Pobreza– con motivo del Día Internacional para la Erradicación de la Pobreza, celebrado el pasado día 17. La leía el titular de la Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices. La importancia de esta entente crece al lograrse en plena crisis sanitaria, social y económica, que acentúa la pandemia por la covid-19. Se ponen los mimbres para, en esta nueva legislatura, trabajar por las personas en situación de pobreza o exclusión social, con recursos que han de plasmarse ya en los próximos Orzamentos para 2021.

Se busca proteger a las personas y familias con bajos ingresos, trabajos precarios y factores de riesgo como la discapacidad, monoparentalidad, violencia machista –en especial por trata o explotación sexual–, etnia, personas mayores o con dependencia, población rural, migrantes o refugiadas. Y se insta a “frenar la transmisión”: el 80 % de niños que viven en familias en pobreza “estén condenadas a sufrirla el resto de su vida, así como sus hijos e hijas”.

En un comunicado, EAPN Galicia apunta que los grupos parlamentarios tampoco olvidan “el aumento de los discursos de odio y desprecio a las personas en situación de mayor vulnerabilidad: racismo, genofobia, machismo, LGTBIfobia o aporofobia”, que es el rechazo a las personas en situación de pobreza. Apuntan que “los poderes públicos tenemos la responsabilidad de garantizar las medidas necesarias para reducir las desigualdades sociales, combatir la discriminación y favorecer el respeto, la tolerancia y la participación activa de todas las personas”.

Finalmente, la Declaración concluye reconociendo que “las personas no son culpables de su pobreza” o que “nadie es culpable de su sufrimiento”. “Ninguna persona es inútil”, señala el documento, y que “ni la pobreza ni la exclusión social se combaten de forma individual”; haciendo un llamamiento a “no caer en la ignorancia de los prejuicios, y de seguir avanzando en la inclusión urgente de las personas que no se encuentran en igualdad de condiciones para la consecución de una vida digna”.

Entienden como un un gesto que confirma estos compromisos que el propio presidente del Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiese el pasado lunes en persona las demandas elaboradas por personas en situación de pobreza o exclusión social en el último Encontro Galego de Participación, que le entregaron la presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto López, acompañada por el vicepresidente y la tesorera de la organización, Daniel Bóveda Castro y Patricia Blanco Riveiro.

Declaración Institucional
Deputadas e deputados contra a pobreza e a exclusión social

No Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o Parlamento de Galicia e as deputadas e deputados que representamos á cidadanía galega queremos reiterar o noso compromiso unánime coa necesidade de seguir avanzando na loita contra a pobreza e a exclusión social, na que no ano 2019 se atopaba o 24,3 % da poboación galega.

Somos conscientes de que hoxe este dato é unha aspiración optimista. A nova lexislatura comeza cunha emerxencia sanitaria e social que empobrecerá a milleiros de galegas e galegos se non hai un compromiso político e orzamentario da Xunta de Galicia e dos concellos e deputacións.

Sabemos que a crise sanitaria da covid-19 afectou e está a afectar de xeito significativo as persoas e familias cos ingresos máis baixos, con traballos precarios e baixa intensidade laboral e con outros factores de risco como a discapacidade, monoparentalidade, violencia machista (en especial por prostitución, trata ou explotación sexual), etnia, persoas maiores ou con dependencia, poboación rural, migrantes ou refuxiadas. Trátase especialmente de mulleres, mocidade, nenos e nenas. Pero os impactos socioeconómicos non só se fan notar nunha intensificación da vulnerabilidade daquelas persoas que xa a atopaban con anterioridade, senón que as circunstancias sobrevidas están a levar a unha situación de serio risco de pobreza a persoas que non o experimentaran ata o momento.

Queremos recoñecer de novo o esforzo, a solidariedade e o civismo da cidadanía galega. Nos peores anos da crise económica e agora na emerxencia provocada pola pandemia. Sabemos da súa vulnerabilidade e temor pola situación.

Este exemplo interpélanos e obríganos a seguir avanzando nun modelo social no que non se permita deixar ninguén á marxe, e no que dende os poderes públicos se garanta a loita contra a desigualdade, os dereitos constitucionais e a inclusión social. Reiteramos o noso compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas, asumidos polo Estado español e as comunidades autónomas. En especial co primeiro, no que se establece que “para 2030, reducir polo menos á metade a proporción de homes, mulleres e nenos de todas as idades que viven na pobreza”.

A recuperación económica permitiu recuperar políticas e orzamentos de rendas mínimas, inclusión social, emprego ou vivenda. Non podemos permitirnos frear os esforzos para garantir o dereito a unha vida digna ás galegas e galegos. Cremos vital para o futuro demográfico de Galicia evitar a transmisión interxeracional da pobreza e que o 80 por cento das nenas e nenos que hoxe viven en familias na pobreza estean condenados a sufrila o resto da súa vida, así como as súas fillas e fillos.

Queremos ter presentes as demandas das propias persoas en situación de pobreza, reivindicadas baixo lemas como ‘As persoas primeiro’ ou ‘Somos persoas, non expedientes’: loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade desde unha óptica afastada do asistencialismo e que asegure a inclusión social; compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo; e coordinación política e técnica entre as administracións e as organizacións especializadas que reduza drasticamente a burocracia.

Conmemoramos este día cando asistimos ao aumento de discursos interesados de odio e desprezo ás persoas mais vulnerables. A fenómenos de racismo, xenofobia, machismo, LGTBIfobia ou aporofobia (odio ás persoas en pobreza). Pero de novo temos que agradecerlle á cidadanía galega a súa lección de respecto e tolerancia para que estes discursos políticos apenas teñan presenza na nosa comunidade.

As persoas non son culpables da súa pobreza. Non o son as nenas e nenos nin as súas nais e pais.

Tampouco o son da súa exclusión as persoas con discapacidade, migrantes, refuxiadas ou da comunidade xitana, as mozas e mozos tutelados ou as persoas privadas de liberdade.

Ninguén é culpable do seu sufrimento. Non o son as mulleres vítimas de violencia machista. Nin pola súa orientación ou identidade sexual.

Ningunha persoa é inútil, xa sexa moza, desempregada, xubilada ou se atope sen fogar, todas son quen de achegar ao crecemento, enriquecemento e cohesión da sociedade.

As persoas que sofren e denuncian estas e outras moitas mentiras ou as que afirman que “o máis perigoso dos prexuízos é cando ti mesmo os cres” non están soas.

Os poderes públicos temos a responsabilidade de garantir as medidas necesarias para reducir as desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas.

Temos tamén o compromiso de difundir e poñer o foco nas experiencias positivas e nos exemplos maioritarios de harmonía e convivencia normalizada, loitando contra a desinformación e evitando a instrumentalización ou as visións distorsionadas das persoas que viven situacións de exclusión social.

Nin a pobreza nin a exclusión social se combaten de xeito individual. É un obxectivo que implica ao conxunto da sociedade, e é a nosa responsabilidade contribuír, desde diferentes ámbitos, intensidades e formas, a que o academos.

Neste Día Internacional para a Erradicación da Pobreza facemos un chamamento para non caer na ignorancia dos prexuízos, e de seguir avanzando na inclusión urxente das persoas que non se atopan en igualdade de condicións para a consecución dunha vida digna.

21 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.