Espectáculo de humor da man de David Suárez

NO AUDITORIO ABANCA David Suárez, que tras rematar o bacharelato en Santiago instalouse en Madrid buscando vivir do show business, ofrece unha hora de humor non apto para todo o mundo. Ás 20.30 h., no Auditorio Abanca, o cómico ofrece o espectáculo Humor Blanco, no que propón unha viaxe polos seus pensamentos máis escuros. Defínese como un espectáculo “en el que se nos habla de sus polémicas, de sexo, de juicios, y de envejecer”. A reflexión e o incómodo son as claves do seu stand up.

A Real Filharmonía, hoxe no Auditorio de Galicia

Baldur Brönnimann e Kaija Saariaho ECG

CONCERTOS O Auditorio de Galicia recibe esta tarde, ás 20.30 horas, o programa musical que ofrecerá a Real Filharmonía de Galicia (RFG). A formación homenaxeará á destacada compositora contemporánea Kaija Saariaho baixo a dirección de Baldur Brönnimann. O programa incluirá a interpretación da obra de Kaija Saariaho, D’om le vrai sens (concerto para clarinete e orquestra), con texturas de esencias nórdicas e riqueza tímbrica. A continuación soará a peza Tema y variaciones de Erich Wolfgang Korngold, quen, no seu exilio americano, destacou como músico de cine gañando dous premios Oscar. A velada culminará coa interpretación da Sinfonía núm. 2de Kurt Weill, outro compositor obrigado ao exilio, que sempre abogou por una postura ética comprometida a través da música.

Nova sesión das Faíscas Culturais en Medicina

CULTURA A IV edición do programa Faíscas Culturais profunda na vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz de Mondoñedo nacida en 1842. Mónica Pérez, profesora titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, falará das grandes epidemias e crisis sanitarias dese século en Europa. O título da clase será O impacto das pandemias na mortalidade do século XIX. Serán na aula 3 da Facultade de Medicina, entre as 15.30 e as 17.30 h.

‘Isolada’, de Natalia Outeiro (‘Pajarito’), chega esta tarde ao Teatro Principal

O espectáculo de ‘Pajarito’ forma parte da programación escénica de Compostela Cultura desta semana/ Cedida

TEATRO A programación escénica de Compostela Cultura inclúe esta semana tres espectáculos para público adulto. O primeiro deles é Isolada, de Natalia Outeiro Pajarito, con función esta tarde, a partir das 20.30 h., no Teatro Principal. A peza, chea de humor e lirismo, afonda na esencia do pallaso para convidar o público a reconciliarse co fracaso, gozar do absurdo e aprender a rir de si. As outras obras son Iphixenia na porta do súper da Compañía Humana, mañá no Teatro Principal, e La vida es sueño de La Zona e a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o sábado no Auditorio de Galicia.