{ on/off }

Cuidadoras, kelis e 8-M

Luis Pérez Fernández

Luis Pérez Fernández

O 8-M ESTASE A CONVERTER EN PUGNA POLÍTICA PARTIDISTA. Esta deriva cara a posicións ideolóxicas, agravada este ano ao máximo coa ruptura da unidade do Goberno en votación parlamentaria, deixa en último lugar de prioridades o significado da efemérides; a igualdade real de homes e mulleres. A Constitución Española proclama a igualdade de todas as persoas pero é evidente que para logralo ha de implicarse o conxunto da sociedade, ademais das disposicións oficiais. Nos 40 anos de democracia avanzouse moito, en parte debido a que partiamos de posicións moi atrasadas. España figura hoxe entre os países máis igualitarios.

Con todo, nos últimos anos parece deterse este avance. A lei do só si é si e a lei trans inclúen disposicións contrarias á protección das mulleres. Dicir que a primeira é unha boa lei pero que xerou efectos indesexados é unha contradición. Reducir penas a máis de 770 agresores sexuais é un insulto ás vítimas, as que para evitar males maiores ofréceselles levar unha pulseira a modo de grillete, que non deixa de ser outra afronta persoal da vítima. Polo que se vai coñecendo nas enquisas, os efectos indesexados refírense ás expectativas electorais do PSOE, menos de UP. En calquera caso, benvida sexa a rectificación, sendo difícil de entender a posición do BNG defendendo ao cabo os beneficios para os delincuentes sexuais. É unha táctica para facer visible a acordo PP-PSOE e sacar proveito nas municipais? Se é así, volvemos situar ás mulleres en plano secundario.

Coa lei Trans pode suceder algo parecido. Á parte de xerar situacións complicadas nos menores de idade, coa súa personalidade aínda en formación, a norma permite que sexa utilizada por homes de maneira perversa, con prexuízo para as mulleres ao poder verse desprazadas. E non só no deporte. Tamén nos altos cargos da política e a empresa e no réxime penal.

Para contrarrestar a resistencia de Podemos e esconder as vergoñas polo apoio do PP, Sánchez anunciou unha norma sobre os consellos de administración das empresas. Non é novo tendo en conta que a Unión Europea xa o estableceu, pero ninguén se vai a opoñer por moitas dúbidas que haxa sobre o intervencionismo público nas sociedades privadas, Algunhas, de maneira natural como Inditex, xa o aplican desde hai tempo.

So unhos poucos centos de mulleres benefícianse desta lei, mulleres cuxa situación profesional e empresarial é xa de privilexio. E quedará sempre a dúbida de se soben por méritos propios ou grazas á cota. Por iso, no canto de comezar por arriba o Goberno debería, ideoloxía e equidade, fixar cotas nas capas máis baixas. Por exemplo, que a porcentaxe de empregadas de fogar, coidadoras de enfermos e maiores ou entre o colectivo de kelis de hotel (camareiras de habitación) tenda á paridade. Estas, e outras mulleres de colectivos menos favorecidos, son invisibles para a sociedade.

Desde o Goberno priorizouse unha reforma que provocou o bochorno maioritario cos beneficios aos agresores sexuais, o cambio de sexo exprés, a rebaixa das penas por malversación-corrupción e agora beneficia aínda máis a mulleres que xa gozaban de privilexios. Ningunha coidadora estará na cúpula do Ibex,

TEMAS