Olladas ao País

Moita propaganda e nula xestión

Xoán Antón Pérez-Lema

Xoán Antón Pérez-Lema

Mentres Rueda dedicábase á propaganda montado no autobus do seu vídeo de nadal e amosábase doente coa amnístía, a nosa costa enchíase de “pellets” plásticos deitados na costa de Viana do Castelo pola perda dun contedor do buque Toconao o 8 de decembro. Malia que o Servizo de Emerxencias 112 (dependente do Vicepresidente Primeiro da Xunta, Diego Calvo) coñeceu o 13 de decembro da chegada destes plásticos á costa galega, de que a Consellería do Mar seica foi informada o día 20 da orixe deste vertido e de que a Consellería de Medio Ambiente coñeceu o 26 da chegada destes plásticos ao Parque Natural de Corrubedo, a Xunta non activou até o venres 5 de xaneiro o Plan Galego de Continxencias por Contamiñación Mariña acidental no seu nível mínimo (1), malia que nesa data xa tiñan chegado “pellets” plásticos dende a ría de Vigo até á Mariña, ao longo de case todo o arco da costa deste país-.

Como xa pasou hai máis de vinte anos coa catástrofe ambiental do Prestige os concellos costeiros e o sector do mar voltaron ficar á intempérie, recollendo os plásticos cos seus propios médios. Neste senso é arrepiante a denuncia da alcaldesa de Muros María Lago (BNG) dende a praia de Area Maior (6 de xaneiro): “...cando estabamos alí apareceron operarios dunha empresa mandada pola Xunta, o responsable dime que veñen a recoller as bolsas do que nos limpamos...ante a chegada da TVG póñense a recoller os pellets. Non traen material para facelo, recollen un a un, hai 4 operarios. Pasan 10 minutos e marchan as cámaras, inmediatamente despois recolle a empresa…” Velaí o abandono da sociedade e dos concellos aos seus propios medios.

A perigosidade potencial destes “pellets” plásticos ainda hoxe non está determinada. Mais semella descontado o seu impacto tóxico nos peixes e na biodiversidade dos areais. Ë probábel que haxa que adoptar medidas para a pre¡vención do consumo humano de exemplares contaminados pola inxesta de microplásticos. O impacto económico nos sectores pesqueiro e marisqueiro, na necesidade de restauración dos ecosistemas atinxidos e mesmo no sector turístico vai ser, de certo, moi importante. 

Como tamén sucede estes días coa extrema tensión que viven os servizos de urxencias hospitalarias do SERGAS, das resultas dos recurtes sofridos a asistencia primaria e da falla de planificación ds responsábeis da sanidade pública galega, o Goberno galego reflicte a súa falla de dirección e a súa total indixencia xestora. 

Reflicte unha realidade de moita propaganda e de nula xestión.