Opinión | { TRIBUNA }

A indecente depredación

ALGUÉN DIXO que os iates son o símbolo neoliberal da depredación obscena. Estamos impregnados da hexemonía neoliberal. Quérennos convencer da identidade: igualdade de oportunidades e de competición, facendo da meritocracia a base de toda conquista. Insiste en que todo depende do esforzo, perseveranza e traballo para acadar o nivel de vida adecuado, porque para o neoliberalismo todos temos as mesmas oportunidades.

Non é certo. É unha gran mentira.

Presentar ás persoas como donas do seu destino, da súa posición social. Só pensando críticamente se pode constatar que non é o mesmo nacer nunha familia pobre, educarse nun centro de barrio marxinal, que nacer e crecer nun barrio rico de clase alta con educación privada con ampla oferta educativa e cunha relación social elitista. As posibilidades de triunfo na vida son opostas. O neoliberalismo enaltece a minoría acaudalada, restrinxindo os dereitos políticos da maioria que xamais acada o seu logro a pesar do seu continuo esforzo. Hai millóns que o intentan con intelixencia e traballo e que son incapaces de chegar ao top polos seus propios méritos, porque na escalada social interveñen factores incontrolables: contactos adecuados, educación recibida, endogamia, etc. Non é certo que o destino esté nas nosas mans ao non darse as mesmas condicións que posibiliten un respetable estatus social. O Neoliberalismo vai inoculando un falso virus de esperanza, partindo da falsa idea de igualdade con consignas como: “Logra o que te propoñas, si eres emprendedor, valiente, de familia humilde, podes chegar a ser empresario de éxito grazas a igualdade de oportunidades”. Neste Século o neoliberalismo fainos crer na mobilidade do status social polo exemplo de persoas excepcionales que acadaron o éxito que todos coñecemenos: O exemplo de Amancio Ortega que de cero logrou un imperio é a excepción confirmada.

OWEN (A demonización da clase obreira) parte da tese de que o sistema logrou que ninguén queira calificarse como clase obreira, aínda que o sexa. Fixonos crer que somos clase media e como tal cremos no ascenso social. Esta falsa percepción obriga a un comportamento de clase media sin selo, agardando acadar algún día o ascensor social, obriga a ser o máximo productivo posible para o sistema. Faise necesario armar cabezas críticas como o mellor antídoto contra a ignorancia e facerlle saber aos mozos que subir de categoría social polo seu traballo é moi improbable. Hoxe en día a xeración de Millennials é a primeira en ter un nivel de vida inferior aos seus pais que case non poden emanciparse. O neoliberalismo proclama a cotío perseguir os soños, non obstante, imponse a realidade e a falla da conquista leva á frustración, considerarse perdedores, ser un ninguén.

Moi ben o exemplifica Bauman ca presión social que se exerce sobre os adolescentes polo seu futuro (éxito-fracaso). Esta insoportable esixencia non só é académica senón de xénero, corporal, estética e sexual. A felicidade exibida en tic-toc funde na miseria emocional aos excluídos do modelo que ao quedar fora do canon culpabilizanse do seu fracaso illándose e incrementando a súa soedade emocional. A xestión dese malestar emerxe violentamente cara un mesmo -suicidio- ou cara os demais (bullying). Tódalas xeracións sufriron os atrancos da vida. A novidade está na presión cultural estructural exercida sobre nenos e adolescentes, que ó crecer sobreprotexidos carecen dunha defensa fronte a adversidade converténdose en víctimas.

Freud presenta a cultura como a exaltación do sentimento de culpa. A sociedade instáurase pola represión da enerxía sexual. A cultura basease no xogo de forzas contrapostas e irreconciliables co individuo como víctima. Resistirse á líbido é represión como condición indispensable para integrar ao individuo na sociedade. Para Freud, o edificio moral que apuntala a sociedade é o resultado da renuncia instintiva. O eterno conflicto dase entre as exisencias instintivas e as imposicións sociais-culturais. O resultado é un trastorno psíquico como expresión latente dese conflicto. Para o psicoanalise o individuo trata de burlar os controis culturais liberando os seus instintos nos soños que para Freud son a realización dos desexos insatisfeitos.

¿Non será o Neoliberalismo unha falsa realización dos nosos desexos insatisfeitos? No fondo a igualdade de oportunidades non deixa de ser unha forma elitista que sempre beneficia aos poderosos.