Opinión | TRIBUNA

Síndrome consumista

BAUMAN na súa obra ‘Vida Líquida’ reflexiona sobre o síndrome consumista e a educación permanente como antídoto. Este síndrome trata dunha actitude para estar no mundo que penalizando a duración, exalta o pasaxeiro, a celeridade. Acepta como clave a continua renovación, a vida do consumidor vólvese unha constante experimentación, sendo a súa regra o eslogan “Fagan as súas apostas”. Naomi Klein comenta que o mercado alimenta unha insaciable avidez de crecemento como mediador das relacións humanas. O mercado ofrece atallos tecnolóxicos que resolven obxectivos que ata fai pouco tempo solucionaba a cooperación amistosa. Todo é ou pode ser unha mercadoría (vivenda, educación, saúde…). O destino dos bens de consumo é o lixo; a varredura é o producto final do consumo. Todo o que toca o mercado convértese en artigos de consumo, como sucede co corpo que resulta autotélico, é dicir, fin en si mesmo, valor único e definitivo. O corpo do consumidor tórnase en fonte de ansiedade perpetua porque incita o desexo sen satisfacción final, xa que de saciarse este sería a ruína do mercado, de ahí a súa incesante sucesión efímera. A forma física (Fitness) non ten límites xa que sempre se pode mellorar, orixinando unha adición sen tregua. O New York Times bautizou a batalla da obesidade como a guerra cultural do S. XXI, un conflicto que reflicte a eterna liorta entre liberdade e seguridade.

O hábitat consumista son os centros comerciais, por eso é necesario reprocesar a infancia xa que son os consumidores de mañá e así preparalos para ese rol. Hoxe o marketing xera nos nenos un estado de insatisfacción estimulando neles os desexos de novidade. A mercantilización da infancia converte aos nenos en brancos débiles, tronzando as vellas institucións (famiia, escola, igrexa) e creando pola contra un ermo que vai encher o mercado con marcas que serven de conexión emocional. A súa lealdade substitúe os lazos humanos como principal factor de expectativas. No fondo, a inseguridade é a clave esencial da ansia consumista. Para adatto a infancia convértese nunha preparación para a venda da propia persoa, contemplándoa polo prisma da percepción xerada polo propio mercado. O proveito da credulidade humana da réditos axiña.

É necesario reconstruir un espazo público de participación continua: individuo-colectivo, dereitos e deberes privados e comúns fornecendo actitudes de interacción persoal: diálogo, xestión, negociación, resolución de conflictos. A educación ten que ser un continuo aprendizaxe; lograr que o mundo cambiante resulte máis acolledor, evitando que a cidadanía dexenere en mero consumismo.

A xente esquece a política e tórnase pasiva, pero a liberdade non é unha herdanza, está arraigada no sustrato socio-político que hai que fertilizar a cotío, se non acaba secándose. Necesitamos, polo tanto, educación permanente porque a ignorancia provoca a parálise da vontade. Dominar pola ignorancia é máis fácil que gobernar polo debate dos feitos e esforzarse por acadar a verdade. Como dí Hannat Arent: “A mentira arruina a comunicación, contaminando a posibilidade de convivir”.