Opinión | TRIBUNA

Outro capitalismo?

A raíña Isabel na súa visita á Escola de Economía de Londres lanza a pregunta ¿Porqué ninguén avisou da crisis? Esto foi o reflexo de dous fracasos: o do capitalismo e dos economistas. Urxe sustituir as vellas receitas da teoría ortodoxa que priman o privado sobre o público, a desincentivación dos impostos, a prohibición de regular o mercado, a austeridade fiscal… son necesarias políticas públicas sólidas que dirixen a economía cara un futuro sostible.

Mazzucato (Outro capitalismo ten que ser posible) propón un novo contrato social público-privado asentado nos movimentos sociais que esixan compartir os rendementos de xeito equitativo para crear valor nunha relación dinámica entre todos. Xa países como Francia, Bélxica, Dinamarca negaron axuda estatal a empresas domiciliadas en paraísos fiscais designados pola UE. O BEI dirixido pola galega Nadia Calviño ten un papel crucial na economía verde e innovación. Foi o Estado quen impulsou a innovación no Iphone de Apple. Mazzucato afirma que no fracaso da austeridade de 2008, non foron os déficits os causantes senón ao revés. O aumento da débeda pública foi debido á redución do aforro privado ao disminuir os ingresos fiscais dos gobernos polos estabilizadores automáticos das axudas sociais e gasto público. A ortodoxia presenta o capitalismo como un sistema de mercado no que empresas privadas buscan beneficios, mantendo o equilibrio de mercado e si este falla é cando intervén o Estado con provisións e subvencións, xa que o seu funcionamento está regulado pola “man invisible”.

Polanyi (la gran transformación) sostén todo o contrario presentando o mercado como unha construción teórica sen base empírica. Nada de natural houbo na creación do mercado liberal, que foi creado polo poder do Estado. A gran transformación é o control social sobre a economía, que debe estar subordinada á política; incrustada nas relación sociais, polo tanto un mercado autoregulado é un proxecto utópico que destruiría ao ser humano. Polanyi afirma que mercancías ficticias (terra, traballo e cartos) non se poden comportar como reais porque a natureza e o ser humano non poden estar determinados polo mercado. O modelo ortodoxo é incapaz de explicar o débil crecemento, o risco ambiental e a desigualdade, o que demostra a complexidade e dinamismo das sociedades plurais.

O verdadeiro motor do crecemento é invertir en innovación tecnolóxica e loxística público-privada. Foi a institución pública a impulsora das TIC atraendo a inversión privada. Nos EEUU non habería alta tecnoloxía senón fora polas inxentes subvencións públicas ao Pentágono e a NASA. O sector público (escolas, sanidade, xustiza, seguridade, enerxía…) financiado polos contribuintes é imprescindible, xa que o privado só non crea riqueza, porque esta é unha coproducción pública-privada, na que o estado é fundamental como creador do mercado. Polo tanto os impostos non son unha confiscación da riqueza privada senón o medio público de crear riqueza.

Piketty (el capital en el S.XXI) advirte como a herdanza do capital (terra e propiedade) aumentou o seu valor por enriba da economía no seu conxunto facendo que a distribución da riqueza estea lonxe de calquera gañada produtividade. Imponse, xa que logo, un reequilibrio na distribución dos ingresos entre o capital e o traballo. A perda de poder dos sindicatos permite aos empresarios reducir salarios e condicións laborais; por iso a política pública é decisiva na regulación laboral, vivenda, imposicións fiscais… Non é unha intervención na economía, senón unha obriga de creación de valor a longo prazo, creando benestar e afianzando o medio ambiente sostible.

As sinerxias de innovación espallan o coñecemento retroalimentándose mercado-tecnoloxía, aplicacións-teoría científica; pero o curto placismo das empresas (maximizar ao accionista) nega a inversión en investigación científica. Nas últimas décadas os mercados do capital buscaron ganancias fáciles. Esta miope urxencia de beneficios orixinou unha escandalosa riqueza dos altos executivos . As empresas financiarizadas gastan unha indecente parte dos seus beneficios na recompra de accións, manipulando os prezos e impulsando o valor das opcións sobre accións, causantes dos indecentes salarios dos altos dirixentes. Lazonick afirma que nunha década (2003-2013) as empresas de bolsa americana utilizaron un 54% dos seus beneficios na recompra de accións en prexuizo da inversión e innovación. Este curto placismo non é un comportamento inevitable do mercado porque Alemaña e Xapón crean empresas con perspectiva de inversión a longo prazo. Aquí os empresarios presionan ao goberno para debilitar o regulamento e reducir impostos sobre o beneficio do capital (a banca) ao mesmo tempo que rexeitan participar na inversión da investigación básica. A riqueza creámola entre todos e para todos como dí a Constitución.