Opinión | Olladas ao país
A responsabilidade do Estado na morte de Rosario Porto
A recente serie de Netflix, composta de cinco capítulos ficcionados, mais alicerzados na historia real do asasinato de Asunta e do xuizo no que foron condenados polo crime os seus pais, Rosario Porto e Adolfo Basterra, non conta o derradeiro capítulo da historia: a morte evitábel de Rosario Porto no cárcere de Ávila e maila gravísima responsabilidade da Administración Pentenciaria española pola súa neglixencia nesta morte.
Rosario Porto faleceu en novembro de 2020, logo de botar presa sete anos e dous meses nos cárceres galegos de Teixeiro e A Lama e, despois, Ávila. Tiña un historial médico psiquiátrico de moitos anos, con varios tentamentos de suicidio cando morreu, algún deles, seica, antes do falecemento da súa filla. Despois da súa condena houbo outros dous tentamentos. Un primeiro que motivou o seu traslado penitenciario de Teixeiro á Lama e un segundo que determinou o seu definitivo traslado ao cárcere de Brieba-Ávila. Por certo, nos tempos nos que principiaba o illamento pandémico.
As regulamentacións penitenciarías consideran esta caste de sucesos como causas do traslado da persoa interna. Inflúe tamén nestas decisións, é certo, a suposta falla de aptitude da contorna do centro de reclusión onde sucedeu un feito semellante. Con certa razón xenérica o sistema penitenciario considera que cómpre buscar outra contorna para o desenvolvemento da persoa afectada. Mais...
Mais Rosario Porto foi condenada polo asasinato da súa filla a 18 anos de prisión, porén nunca ao seu desterro de Galicia, nin ao seu afastamento das únicas persoas que miraban por ela: a amiga da familia que hoxe é a súa herdeira, o seu avogado Gutiérrez Aranguren, a súa psicóloga e á súa psiquiatra. O Estado español, a medio da súa Administración Penitenciaria, decidiu afastar da súa contorna, do seu cada vez máis pequeno mundo, a Rosario Porto. Nos intres da súa peor vulnerabilidade: o tempo da pandemia. E impediu teimudamente que estas últimas persoas, quer a amiga, quer os competentes profesionais comprometidos, estivesen canda ela. Seica na súa cela había no intre menos axeitado un cinto ou outro elemento de semellante efectividade para aquela idea que vivía no maxín de Porto dende tanto tempo atrás. E Rosario morreu.
Na pena de 18 anos de cárcere de Rosario Porto non ía incluído negarlle dereitos fundamentais como non se confesar culpábel, cumprir condena fóra da súa terra e contorna vital ou dispor do acaído tratamento médico. Cando imos ser conscientes que as persoas que pagan a súa condena seguen a ter todos os dereitos que non lle foron expresamente limitados ou suspendidos por esa mesma condena?
Toda morte ou lesión sufrida por calquera persoa interna nun cárcere é, de primeiras e mentres non se poida demostrar o contrario, da total responsabilidade do Estado.
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Boiro atesora los restos de un templo de hace catorce siglos, uno de los más antiguos de Galicia
- Sorpresa en Noia: un tendal de setenta metros sobre la ría
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- La SD Compostela logra la ansiada remontada contra el Atlético Arteixo tras sufrir en la prórroga
