Ramón o practicante xa ten estatua na entrada ao centro de saúde de Ordes

Intre no que se descubriu a estatua de Ramón o practicante

Intre no que se descubriu a estatua de Ramón o practicante / CEDIDA

M. M.

Ramón Ferreiro Regos, Ramón o practicante, xa ten estatua na entrada do centro de saúde de Ordes. E a presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa asistencia de membros da Corporación, de familiares e de moitos veciños, a pesar do mal tempo, foi “a mellor evidencia do agradecemento eterno”, segundo o Concello, que este sanitario esperta 17 anos despois do seu pasamento en toda a súa comarca. Pola súa banda, Comesaña falou de Ramón Ferreiro Regos como “unha persoa cunha excelente profesionalidade e calidade humana, esforzado e sacrificado por coidar a saúde dos demais”. Na mesma liña, estendeu o recoñecemento a todo o persoal da sanidade pública galega que traballou durante a pandemia: “Loitastes contra un enfermidade contra a que, naquel momento, non tiñamos vacina e da que sabíamos aínda moi pouco. O Servizo Galego de Saúde non só conta cun excelente equipo de profesionais; tamén son persoas dunha enorme talla humana”, dixo. A estatua é obra do artista Miguel Couto.