Corenta e nove nenos admitidos e 8 en agarda na escola infantil de Oroso

O prazo de reclamacións á listaxe provisional estará aberto ata o 13 de maio

Escola Infantil Municipal "A Ulloa" de Oroso

Escola Infantil Municipal "A Ulloa" de Oroso / PÁXINAS GALEGAS

REDACCIÓN

O Concello de Oroso fixo pública a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos (49) na Escola Infantil Municipal A Ulloa para o vindeiro curso 2024-2025. No grupo de 0 a 1 anos foron admitidos catro; no de 1 a 2 anos son catorce, e seis quedan e lista de agarda; e no de 2 a 3 anos son trinta e un, e unha nena non empadroada queda en agarda. O prazo de reclamacións á listaxe provisional estará aberto do 7 ao 13 de maio, e a relación definitiva publicarase o vindeiro día 31 de maio.

Unha vez se coñezan as listas de alumnos admitidos de xeito definitivo, as familias deberán formalizar a matrícula entre os días 3 e 14 de xuño, segundo confirman dende o Concello de Oroso.