Oroso e Trazo, unha Galicia natural para gozar, vivir e camiñar
Ambos concellos ofrecen interesantes oportunidades de ocio, como o Camiño Inglés
A contorna da Pedra Faladora, en Trazo. | CONCELLO DE TRAZO
Redacción
O Concello de Oroso, consciente da importancia do entorno natural do Camiño Inglés e dos seus atractivos tanto para visitantes como veciños, pon a disposición a páxina web www.ocaminoingles.gal para que poidan coñecer cada un dos seus tramos, onde aloxarse ou comer e que visitar no seu paso por Oroso.
Na provincia da Coruña, a importancia e antigüidade da ruta denominada «inglesa» vén demostrada pola existencia dunha serie de institucións que medraron considerablemente a partir do século XII, favorecidas polo comercio internacional terrestre e marítimo. Estas institucións que se atopan ó fongo da ruta son unhas de carácter benéfico, como hospitais, lazaretos, pontes ou pousadas, e outras cun eminente carácter de protección, como a orde militar dos Templarios, sen esquecer que os conventos de monxes estiveron tamén vencellados ó fenómeno do descubrimento ou invención do sepulcro do apóstolo Santiago. Esta frecuentada ruta cara a Santiago, máis curta e práctica para os que, procedentes do norte e oeste de Europa, chegaban ós seguros portos de Galicia por vía marítima, consta de dous tramos: un que saía ó principio do Burgo de Faro e máis tarde da Coruña; outro que tiña o seu comezo en Neda ou Ferrol e que coincidían, segundo algúns testemuños en Bruma e segundo outros na capela de San Roque das Travesas, para continuar por un mesmo itinerario ata chegar a Compostela.
ESPECIAL ESCAPADAS CON ENCANTO 2025
ESPECIAL ESCAPADAS CON ENCANTO 2025Tamén o concello de Trazo brinda múltiples oportunidades para descubrir a Galicia máis natural. Na freguesía de Monzo (Trazo) está o coñecido como Monte do Pedroso. Nesta paraxe sobresaen curiosas formacións graníticas que, sen dúbida, serán a mellor compañía para unha xornada de excursión. Unha das máis coñecidas é a Pedra Faladora, que mesmo semellla que o viaxeiro está fronte a unha persoa coa forma dunha rocha.Tamén son ben coñecidas a Pedra do Capelo e a chamada Cova dos Mouros. Sobre elas hai múltiples lendas e contos populares que, en forma de patrimonio inmaterial, foron pasando de pais a fillos dende tempo inmemorial. É interesante, asemade, visitar as chamadas construcións do río Chonia, un conxunto de edificios patrimoniais ás beiras do río que leva o mesmo nome, na parroquia de Xavestre. Percorrer as ribeiras do Chonia é atopar unha sucesión de batáns, muíños e antigas fábricas de enerxía eléctrica localizados neste afluente do Tambre.