O ensaísta pobrense Ciro Briones une filosofía e educación na súa obra ‘Da caverna a acrópole’

Patricia Lojo enxalzou as posibilidades da filosofía para tódolos ámbitos da vida

Ciro Briones, segundo pola dereita, na presentación do ensaio

Ciro Briones, segundo pola dereita, na presentación do ensaio / CEDIDA

REDACCIÓN

O ensaísta e poeta Ciro Briones presentou o ensaio Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica, unha obra na que une filosofía e ensinanza, poñendo o foco na importancia da construción do pensamento crítico para o desenvolvemento persoal e académico do estudantado. O acto desenvolveuse no Auditorio do Museo Valle-Inclán e o escritor estivo arroupado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o integrante da A. C. Barbantia, Xesús Laíño; a representante do departamento de Lingua Española da UVigo, Ana Fernández; e o director do Servizo Publicacións da UVigo, Jorge Luís Bueno.

Patricia Lojo enxalzou as posibilidades da filosofía para tódolos ámbitos da vida, incluídas, por suposto, as diferentes manifestacións artísticas. “É unha materia moi valiosa no ámbito académico, especialmente, na adolescencia; uns anos cruciais no desenvolvemento da personalidade e na aparición de moitos dos intereses que manterán cando sexan adultos, por iso teñen que facerse preguntas, dubidar e explorar”.