Ciclo de Mulleres na Cima

Charla de Marisol Soengas sobre o cancro no Principal

Marisol Soengas, no centro, onte, no Teatro Principal. |  ANTONIO HERNÁNDEZ

Marisol Soengas, no centro, onte, no Teatro Principal. | ANTONIO HERNÁNDEZ / ecg

ECG

A microbióloga Marisol Soengas centrou a súa charla coloquio sobre o cancro no Teatro Principal en varios bloques temáticos, nos que fixo fincapé na divulgación e actualidade da enfermidade, no corenta aniversario da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer e nas investigacións sobre o cancro de pel.

A súa intervención tivo lugar no marco do ciclo de conferencias Mulleres na Cima, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Santiago, coa colaboración da Xunta e a Universidade de Santiago.

Soengas, xefa do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) e presidenta da Aseica participou tras a súa charla sobre Cáncer: se puede y se debe nun coloquio que estivo moderado pola oncóloga médica Teresa Curiel.

A conferenciante explicou os últimos avances na investigación do cancro e a necesidade da prevención, centrándose na investigación dos melanomas, o tipo máis grave de cancro de pel.