Navia Rivas insta a concluír as obras pendentes en Vista Alegre
Lembra que o BNG solicitou na inclusión dos remanentes de 2021 un plan de mellora do remate das obras de Vista Alegre, cunha dotación de 100.000 euros, que está pendente de executar .
A concelleira Navia Rivas anunciou que o BNG levará unha iniciativa ao Pleno de febreiro para instar o Goberno local a concluír as obras pendentes en Vista Alegre e mellorar a estética e funcionalidade do mobiliario urbano alí instalado.
“O BNG solicitou na inclusión dos remanentes de 2021 un plan de mellora do remate das obras de Vista Alegre, cunha dotación de 100.000 euros, que foi aprobado mais aínda está pendente de executar”, explicou a concelleira.
En concreto, é necesario eliminar a presenza de cables polas fachadas dos edificios, que mesmo obstaculiza a apertura de ventás, e corrixir os defectos en varandas e en colectores soterrados, xunto coa ausencia de papeleiras pendentes nos soportes instalados, engadiu
Por estes motivos, desde o BNG trasladaremos ao Pleno unha pregunta para coñecer cando ten previsto o Goberno local realizar esta actuación para rematar as obras en Vista Alegre.
Temas
Más en Santiago
-
¿Cómo se ha llegado a los retrasos de los pacientes oncológicos en el CHUS?
-
La Xunta amplía desde este lunes las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”