Visita de la presidenta da Academia Argentina de Letras
Alicia María Zorrilla, presidenta da Academia Argentina de Letras, visita estos días Galicia, con parada en Santiago e Padrón, entre outras áreas. A filóloga tomou parte no recente Congreso da Lingua Española celebrado en Cádiz co resto dos responsables das academias de América. Oriunda de Mosteiro, Concello de Pol, localidade lucense na que naceu seu pai, a profesora Zorrilla ten profundos vínculos con Galicia.
Nesta ocasión estivo catro días en Compostela nos que aproveitou para reunirse co escritor arxentino-galego Luís González Tosar, membro correspondente da asociación AAL, co que tratou asuntos relacionados con varios intelectuais de orixe galega que destacaron na cultura arxentina, desde poetas como José González Carbalho e Paco Luís Bernárdez, pasando por narradores como Arturo Cancela e Juan Filloy, a estirpe galega sempre estivo alí presente a traves de novelistas como María Esther Vázquez, César Aira, Claudia Piñeiro y otros autores hijos y nietos de gallegos asentados en Bos Aires. Alicia María Zorrilla e Luís González Tosar visitaron a pasada fin de semana o ombú ( a árbore da pampa arxentina) plantado en 1971 na Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón.
Temas
Más en Santiago
-
¿Cómo se ha llegado a los retrasos de los pacientes oncológicos en el CHUS?
-
La Xunta amplía desde este lunes las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”