Comeza no Ateneo o ciclo ‘O cinema musical de Bob Fosse’ coa proxección do filme ‘Cabaret’
O Ateneo de Santiago levará a cabo a terceira proxección do Cineclub Ateneo, na cal se iniciará o ciclo O cinema musical de Bob Fosse coa película Cabaret (1972). Esta sesión, que terá lugar ás 19.15 horas no salón de actos Isaac Díaz Pardo do seu local social, na Praza de Salvador Parga, 4-2º, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-asesor técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Cabaret transcorre no Berlín dos anos 30, en pleno auxe do nazismo. O partido nazi domina unha cidade onde o amor, o baile e a música se mesturan na animada vida nocturna do Kit Kat Club, un refuxio máxico onde a rapaza Sally Bowles e un divertido mestre de cerimonias fan esquecer as tristezas da vida.
Antón Porteiro Lago, licenciado en Ciencias Matemáticas pola USC, pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da consellería durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros, e foi asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago.
Temas
Más en Santiago
-
Santiago acoge hasta el próximo domingo la segunda parada de la feria del libro
-
“Cuando yo empecé en la danza era el único chico, ahora todo es mucho más fácil”
-
“Éntrame un nó na garganta cando chego ás portas do instituto”
-
Luz Couce recoge el Novoa Santos como gran referente en la neonatología gallega