María Rozas desfruta do bo tempo cun paseo pola cidade co seu equipo de confianza

A cabeza de lista de CA estivo acompañada polo seu equipo de confianza

María Rozas aproveitou a xornada matinal do día de reflexión para visitar o Mercado das Flores

María Rozas aproveitou a xornada matinal do día de reflexión para visitar o Mercado das Flores / Jesús Prieto

A candidata de Compostela Aberta, María Rozas, aproveitou a xornada matinal do día de reflexión para visitar o Mercado das Flores, situado na praza da Constitución da capital galega. Nas horas previas a gran cita electoral deste domingo, acompañada polo seu equipo de confianza, gozou do bo tempo cun paseo polas rúas do centro. Rozas estréase como cabeza de lista de CA nunhas eleccións municipais.