Mercar no comercio de Santiago entre o 27 de setembro e o 4 de outubro ten premio. En concreto, 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio desta cidade.

A Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración do CCA Comercio Punto Compostela veñen de poñer en marcha a campaña.

Así, todos os clientes de Santiago que realicen compras no comercio de proximidade entre o 27 de setembro e o 4 de outubro, poden participar no sorteo en directo que se celebrará o mércores, 4 de outubro, ás 19.00 horas na Praza Roxa compostelá. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma ubicación.

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre setembro e outubro en varias localidades da provincia