A loita contra o ruído: primeira batalla da nova plataforma veciñal de Compostela

Ambiente dunha das noites de 'marcha' no Ensanche compostelán / Lucía Martínez

As asociacións veciñais compostelás Cidade Histórica Fonseca, Raigame (do Ensanche) e Río Sarela (San Lourenzo e Carme de Abaixo) presentaron este mércores no IES Rosalía, ás 20 horas a plataforma veciñal que veñen de constituír e que ten a contaminación acústica como primeira batalla. Un evento no que ademais de Roberto Almuíña (Fonseca), Xosé Manuel Duran (Raigame) e Jon Brokenbrow (Río Sarela) tamén estiveron presentes representantes da Policía Local e da Nacional.
“Temos numerosas queixas da veciñanza por problemas de ruído”, explicaba Durán a EL CORREO, “provocados por veciños, pensións, pisos turísticos, botellóns...”. Un problema que segundo indican, non só vén de lonxe, senón que vai a máis en Santiago, Galicia e no resto de España. “Decidimos crear esta plataforma veciñal, non só para traballar en conxunto, senón tamén para poder facilitarlle á veciñanza información sobre trámites, por exemplo, e animar a outras asociacións a que se sumen”, comentou Durán.
O representante da veciñanza do Ensanche quixo aclarar que non son os locais de hostalaría, “na gran maioría”, a raíz destes problemas, que xa chegan a causar problemas de saúde na veciñanza pola falta de descanso. Xosé Manuel Duran explicou que no caso do Ensanche hai locais que están abertos até as 6 da madrugada, e desa hora xa abren os after, “o problema non é dos locais, que cumpren a normativa de insonorización” senón que o problema está na rúa.
“Xa hai unha normativa que prohibe tomar alcol na rúa, pero sospeitamos que por falta de medios non se está a sancionar, por isto convidamos a participar na xuntanza á Policía Local e Nacional, para que aclaren que se fai, que se pode facer e que recursos ten a veciñanza”. Duran tamén indicou que zona vella “hai locais concretos que incumpren a normativa, que xa foron sancionados pero reinciden”.
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
