Gómez Rial: “Preocupa sobre todo o virus respiratorio sincital nos maiores de 60 anos”

Inquieta o número de casos de gripe, que entra en fase epidémica, máis que os de Covid-19

As vacinas da Covid e do virus sinticial en menores de 5 anos reduciron o impacto da enfermidade

As vacinas da Covid e do virus sinticial en menores de 5 anos reduciron o impacto da enfermidade / E.P.

José Gómez Rial é inmunólogo no Hospital Clínico de Santiago, á vista do incremento dos casos de gripe e virus respiratorios, comentou con EL CORREO a que se debe este aumento así como as precaucións que debemos tomar ante unha situación “epidémica” que aínda non chegou ao seu pico máis alto, senón que se agarda que éste se produza a finais do mes de xaneiro, “veñen semanas moi complicadas”, afirma.

Ante esta futura situación o inmunólogo advirte da importancia de “vacinarse fronte á gripe, en especial os grupos de risco, como son os maiores de 65 anos e os nenos 0 a 5 anos”, que son as franxas de idade nas que se producen as maiores taxas de ingresos.

Neste sentido, Gómez Rial tamén insta á poboación da área sanitaria de Santiago e Barbanza, “agora máis que nunca”, a facer “un uso responsable dos servicios sanitarios”. “Acabase de ampliar o prazo para vacinarse ata o 12 de xaneiro polo que aínda estamos a tempo de vacinar a todas aquelas persoas que estean en risco de sufrir as formas graves da enfermidade”, aclara o inmunólogo, facendo especial referencia ás persoas maiores de 65 anos.

Nas últimas semanas fálase de VRS (Virus respiratorio sincitial), Covid-19, gripe A e gripe ‘común’, aínda que realmente estas dúas últimas son o mesmo virus. “Dende hai xa uns anos o subtipo de virus da gripe que circula pertence ao grupo A, pero non por isto ten maior gravidade”, explica Gómez Rial. O doutor especifica tamén que por iso agora mesmo preocupa máis o virus da gripe que o coronavirus.

O doutro Gómez Rial explica, sobre a Covid que “agora mesmo están a circular diferentes subvariantes da cepa Omicron, e aínda que se seguen a producir casos, especialmente na poboación vulnerable, o alto nivel de inmunización acumulado e as altas coberturas de vainas fan que a carga de enfermidade por Covid, aínda que existe, non sexa moi preocupante”.

O que si inquieta os sanitarios é o VRS , unha preocupación agora mesmo na área sanitaria, especialmente entre o grupo de persoas maiores de 60 anos, porque se “está a producir bastante carga de enfermidade”. Neste 2023, conta, Gómez Rial, “o grupo de nenos menores de 6 meses, onde o virus respiratorio sincitial causaba todos os anos moitos problemas de ingresos e hospitalizacións, a incorporación da vacina, coa que Galicia foi pioneira a nivel mundial, estaos a protexer e e está evitando as formas graves da bronquiolite na mesma franxa de idade”.

Refírese o doutor á vacina de anticorpo monoclonal Nirsevimab, un antíxeno que polo de agora non está dispoñible para outros grupos de idade, tampouco para adultos maiores de 60 anos. “Non será ata o ano que vén que dispoñamos dunha vacina fronte ao VRS que permita protexer esta franxa de idade”, especifica o inmunólogo.

O aumento da incidencia da gripe e do VRS débese, segundo Gómez Rial aos anos de pandemia, “onde practicamente só había circulación do virus da Covid”, pero este inverno coa chegada do frío “aparecen outros virus respiratorios dos que a perda da inmunidade que acumulabamos cada ano fai que se incremente o número de persoas susceptibles de infectarse”, pero o inmunólogo tamén recalca que as consecuencias da enfermidade non están a ser “máis graves que outros anos, simplemente afecta a máis persoas porque hai máis individuos susceptibles”. 

O inmunólogo recomenda acudir os servizos de urxencias e aos centros de atención primaria “só se é realmente necesario”, particularmente “aquelas persoas que pertenzan a grupos de risco, que serán priorizados á chegada de acordo a súa gravidade”. Tamén lembra o uso da máscara onde sexa necesario.