Mobilidade en Compostela

Cortes nos accesos ao periférico para instalar pantallas acústicas

Rotonda da avenida de Lugo coa rúa de Londres

Rotonda da avenida de Lugo coa rúa de Londres / MAPS

Redacción

O ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro-Polígonos, vai quedar cortado ao tráfico a partir das 11.00 horas de hoxe debido ás obras de instalación de pantallas acústicas que está a executar a empresa Dragados para ADIF e que teñen unha duración prevista de dous meses e medio.

Este corte vai implicar os seguintes desvíos: os vehículos que circulen baixando pola avenida de Lugo e queiran acceder á SC-20, deberán facelo pola rotonda desta avenida coa rúa de Londres, e circular por esta vía ata chegar á rúa de Roma, e alí enlazar coa rotonda existente nesta vía e incorporarse á SC-20.

Da mesma maneira os vehículos que circulen sentido subida pola avenida de Lugo, deberán empregar a mesma rotonda e baixar pola rúa de Londres e realizar o mesmo circuíto para incorporarse á SC-20.