A Praza de Abastos de Santiago 'vive' o Entroido en galego
A iniciativa ten como obxectivo "defender o uso do galego e promocionar a utilización correcta dos diferentes termos ao redor dos produtos típicos do Entroido"

Jacobo Táboas
A Praza de Abastos de Santiago presentou este xoves a súa campaña de Entroido baixo o lema Vive o Entroido en Galego. Ao acto asistiu Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; e Marta Rey, xerente da Praza. Ademais, a presenza de Xenerais do Ulla encheron de cores a presentación.
Nesta campaña a Praza volve unirse con Política Lingüística para "defender o uso do galego e promocionar a utilización correcta dos diferentes termos ao redor dos produtos típicos do Entroido", indicou Valentín García.
Durante o acto tamén se mostrou unha peza audiovisual para as redes sociais do Mercado coa intención de achegarlles ao público máis novo os alimentos típicos destas datas. O video ten coma protagonista ao cómico galego Pepo Nieto no marco dunha visita a Praza da capital galega.
No marco da campaña para celebrar o Entroido no Mercado compostelán tamén se organizarán varios sorteos.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago



