Os xornalistas de Santiago de Compostela solidarízanse cos seus compañeiros palestinos

Un grupo de profesionais da comunicación concentráronse esta semana no Centro Internacional de Prensa de Galicia

Concentración desta semana dos xornalistas de Santiago de Compostela

Concentración desta semana dos xornalistas de Santiago de Compostela / Cedida

Redacción

Seguindo a campaña mundial Israel: Stop Killing journalists in Gaza, impulsada pola Federación Internacional de Periodistas (FIP) en protesta polos máis de cen asasinatos de traballadores de prensa palestinos na guerra de Gaza –sete cada día–, un grupo de xornalistas da capital galega, convocados pola Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC) e apoiados polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, concentráronse esta semana no Centro Internacional de Prensa de Galicia.

Na protesta, o presidente da APSC, Luís Menéndez, leu un comunicado da Secretaría Xeral da FIP en Bruxelas no que se salienta a impunidade na que viven os xornalistas en Gaza, xunto á incomunicación, xa que é un territorio pechado ós medios internacionais. Ademais, deuse a coñecer a convocatoria da FIP para o dia 26 de febreiro como Día Internacional dos Xornalistas Palestinos.