Caldo de gloria, ofrenda floral, moita música e máis poesía para celebrar o Día de Rosalía na capital galega
Os días 23 e 24 Santiago conmemora os 187 anos do nacemento da poeta
Participan 13 colexios e 30 locais de hostalaría

Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro do ano 1837, este venres conmemórase o seu 187 aniversario / CEDIDA
A.T.
Un ano máis Santiago únese aos actos conmemorativos do nacemento de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro de 1837. Xunto coa Fundación Rosalía, a Xunta, a asociación Raigame, o Concello participa ás 11 horas deste venres na ofrenda floral que vai ter lugar na praza de Vigo, pois foi nas súas proximidades onde hai 187 anos naceu a poeta máis importante da literatura galega.
Neste primeiro evento poñerán a música a formación Carapaus e colabora alumnado dos colexios Quiroga Palacios e Cluny mediante a lectura de poemas. Ademais, este ano, contarase coa presenza de centros galegos no exterior, concretamente sumaranse os de Donostia, Castelló, Burgos, Alacante e Valencia.
Como tamén é tradicional, os eventos pasarán de seguido ao Hostal dos Reis Católicos, onde Rosalía de Castro era bautizada o 24 de febreiro de 1837. Neste acto institucional, no que se contará coa presenza de membros da Corporación local, leranse novamente poemas da homenaxeada e gozarase coa música de dous alumnos da Escola municipal (Estela Pereira e Lucas Lugo), novamente Carapaus e Faia.
Programa Festival Rosalía 2024
Programa Festival Rosalía 2024O terceiro dos actos centrais da xornada será o Caldo de Gloria, que se servirá en 13 colexios da cidade e en 30 establecementos de restauración, grazas á adhesión a homenaxe da Asociación Hostelería Compostela e hostalaria.gal. Para este evento, a organización reparteu por toda Galicia 80.000 manteis conmemorativos.
Festival Rosalía en Mazarelos
Os días 23 e 24 desenvolverase, con epicentro na praza de Mazarelos, o festival Rosalía, organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, que baixo o lema ‘Un grande atrevemento’ conxugará poesía, escena, música, artesanía e narración oral a través dunha quincena de actividades.
Dende as 17 horas do venres poderase visitar o mercado de produtos ‘con marca Rosalía’ e a partir das 17.30h. a música e a poesía circularán da man con ‘Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos’, Dúo Vaguedades e o proxecto da Deputación da Coruña para conmemorar a autora do Día das Letras, Luísa Villalta. Trátase de ‘Indóciles’ coa narradora Vero Rilo e a música Mónica de Nut.
Dende as 11 horas do día 24 xa haberá actividade en Mazarelos, xunto ao mercado artesán haberá tamén obradoiros. A música comezará ás 12 con Opera’s Break e ás 16.30 horas poderemos acompañar a Os Quinquillas no ‘pasarrúas rosaliano’. Ás 20h. será o recital ‘O atrevemento da voz nos versos’, organizado polo editor Antón Lopo, e pechará os actos o concerto de Loita Armada ás 21.15h.
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago
