A alcadesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou na mañá deste martes un 'protocolo de colaboración' coa Xunta de Galicia en aras de "desbloquear" as negociacións para a construción dun novo aparcamento no Hospital Clínico (CHUS). Unhas conversas nas que non hai apenas puntos de consenso entre as administracións local e autonómica pero que con este documento a rexedora considera que se dá "un avance xeneroso para chegar a un acordo".