Nova suba de tarifas nos aparcamentos públicos de Santiago

A medida aprobouse en xunta de goberno conforme á suba do IPC

Acéptase tamén o proxecto de acondicionamento do Cirvi

No aparcamento da rúa do Hórreo as tarifas soben un 3,2% este ano

No aparcamento da rúa do Hórreo as tarifas soben un 3,2% este ano / Antonio Hernández

A xunta de goberno local de Santiago celebrada este luns aprobou unha nova suba nas tarifas dos aparcamentos situados nas rúas Romero Donallo, A Choupana, San Clemente, Hórreo e San Caetano. A medida adoptouse, segundo comunican dende o Concello “consonte ao informado pola inspectora técnica de servizos”, unha equiparación solicitada pola empresa que xestiona os párkings.

Desta maneira, nos aparcamentos do Hórreo, San Clemente e San Caetano producirase unha suba do 3,2% respecto da última revisión aprobada, que data de decembro do ano pasado. Naquela altura, a xunta de goberno celebrada o 26 dese mes aprobaba un incremento do 13,6%, xa que as tarifas estaban sen actualizar dende o 28 de decembro do ano 2018.

A suba nos aparcamentos de Romero Donallo e da Choupana será dun 3,1%. A última actualización nestes dous casos tamén se realizou a finais do ano pasado, o 13 e o 6 de novembro, respectivamente. No caso destes dous párkings, a última actualización de tarifas fora realizada no mes de novembro de 2022.

Acondicionamento do Cirvi

A mesma xunta de goberno tamén lle deu o visto bo ao proxecto de acondicionamento do inmoble que acollerá o Cirvi (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro) que conta cun orzamento para a súa primeira fase de 225.824,51 euros. 

O Concello de Santiago solicitou unha subvención nominativa da Deputación da Coruña que cubriría o 100% do financiamento da execución obras, xa que se trata dunha instalación de interese público para a provincia e o “polo seu carácter supramunicipal” como eixo vertebrador estratéxico do proxecto ‘Compostela rupestre’.

As actuacións consistirán, entre outras, en demolicións; cimentacións e illamentos; acabados de paredes e teitos; e instalacións de iluminació. O prazo de execución é de 6 meses.

Suscríbete para seguir leyendo