Universitarios desesperados xa por atopar piso cunha oferta de menos de 200 no mercado

A escaseza provoca que moitos estudantes teñan que recorrer a grupos de WhatsApp para crear unha rede de contactos coa que tratar de alugar

As vivendas en Santiago son un 50% máis caras que hai dez anos

Anuncios de pisos nunha inmobiliaria de Santiago de Compostela/ |  JESÚS PRIETO

Anuncios de pisos nunha inmobiliaria de Santiago de Compostela/ | JESÚS PRIETO

Antía Suárez

Aínda non rematou o curso 2023/24, pero a maioría dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, xa procuran piso para o seguinte. O ano pasado falábase desas “colas infinitas” que se formaron por principios de xullo nas inmobiliarias de Santiago, pero este ano os estudantes xa se están a mobilizar antes da finalización de maio. Cada ano, a etapa de procura de aloxamento para o curso seguinte comeza máis cedo, e agora mesmo xa hai que ter un piso asegurado antes do verán, polo medio que sexa, votando man de novos métodos de procura, como chats grupais de Whatsapp.

Carlos Debasa, ex-presidente da Asociación Galega de Inmobiliaria, explica que cada ano se adianta máis. “Hasta hace muy poco, los estudiantes se lo tomaban con mucha calma. Cuando se acababa el curso, volvían a sus casas y al final de verano, sobre agosto, regresaban para echarle un vistazo a los pisos y quedarse con uno para el curso que viene. Ahora esto ya no es lo normal, y lo estudiantes ya lo saben”, asegura.

Actualmente en Santiago adoita a haber en torno a 170 e 180 pisos para arrendar segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias. Esta falta de oferta na cidade provoca que moitos mozos sintan a presión de comezar moi pronto a procurar piso, e cada ano presenciase este fenómeno máis cedo.

O importante son os contactos

Os grupos de WhatsApp e os posts por redes sociais xa comezan a aparecer, e non son poucos os que os usan. Un pode acceder a estes grupos de mensaxería móbil mediante un enlace, que adoitan compartir en perfís populares para os universitarios, como no caso de Salseo USC (@salseo_usc) ou as persoas que xa forman parte destas comunidades. Unha vez dentro, estes grupos funcionan coma un foro no que rara vez as persoas interactúan entre si. Cada mensaxe que se envía soe comezar con: “busco piso para 3 personas...”, “¡hola!, busco una habitación cerca del...”, “buenas, somos 2 chicas de...” De vez en cando, xorden pequenas conversas irónicas con frases como: “hay, pero son de 600 para arriba”, “es una locura” ou “hay uno de 500 euros, que la cama es literalmente un sofá”, pero este tipo de interaccións son raras.

Nestes últimos días comezou a aparecer algunha que outra oferta de habitación, pero estes mensaxes representan o 1% dos foros, e na maioría de casos o que se ofertan son cuartos e non pisos enteiros.

Nerea, unha estudante de grao en Educación Social que leva tres anos vivindo en Compostela, atopou aluguer mediante este método. Mentres buscaba piso, comezou a contactar con xente que buscaba vivenda ou compañeiros de piso a través dos posts que fai Salseo USC. Como ela comenta, “é un proceso con moita competencia e no que hai que ser rápido e ter contactos, porque cando a xente marcha do piso, o que se fai aquí en Santiago é pasarllo a un amigo ou amiga”.

“Suben los precios pero no mejoran las características”

Carlos Debasa explica que “el mercado de alquileres, el tradicional de toda la vida, está bajo mínimos desde ya hace ya bastantes años. En los últimos 5 años, no logramos superar en ningún momento esas 200 unidades de inmuebles. Sin embargo, aunque la situación en el alquiler de estudiantes es similar, está aguantando un poquito mejor. La proporción de bajada no es tan dramática como en los alquileres de larga duración”.

Segundo o estudo Fianzas nos grandes concellos de abril de 2024 realizado polo Observatorio da Vivenda en Galicia, Santiago é o terceiro concello de Galicia co maior importe por metro cadrado da renda mensual dos contratos asinados en 2024, cun prezo medio de 6,96 euros. De media, o importe de renda mensual é de 584,6 euros, un 38% máis que en 2018, e case un 50% máis que en 2014, cando de media pagábanse 390,7 euros.

Segundo Debasa, xa desde fai moitos anos, Santiago está nunha situación na que na cidade, os demandantes de aluguer atopan moitas dificultades para conseguir vivendas cuns niveis de renda nuns precios asumibles para unha familia media. Expón que “esta es una problemática que venimos arrastrando desde hace muchos años con una diversidad de factores importantes. Hay diferentes vías de solución que se están trabajando, pero la realidad es que no está teniendo un resultado inmediato.”.

Entre os diversos factores, as vivendas turísticas son unha delas. Carlos Debasa apunta que aínda que este factor ten unha incidencia importante, non é o único que inflúe, sobre todo en canto aos pisos de estudantes. “Las características de una VUT (vivienda de uso turístico) es que son pisos de una calidad mayor, no vale cualquier cosa para ofrecerle a un turista. Con lo que, pues muchas de estas viviendas de estudiantes no entraban dentro de los parámetros para acabar reconvirtiéndose en una VUT, a no ser que se invirtiera mucho dinero. Y claro que se ha producido, pero no es una situación alarmante”.

Ollo coas estafas

Carlos Debasa expresa que comprende que é lícito que se formen estas comunidades que poñen en contacto aos estudantes e arrendadores, pero advirte dos perigos que se poden correr con este sistema.

As redes sociais son unhas vías ás que todo o mundo ten acceso, e duns anos para aquí existen moitos avisos de que a maioría de estafadores empregan WhatsApp e outras redes para enganar ás persoas que procuran aluguer. “Ya han pasado algunos casos en Compostela, también en muchos puntos del estado y en ciudades universitarias”, asegura Debasa, que explica que a mellor forma de evitar este tipo de fraude é arrendar a través dunha inmobiliaria. “Una inmobiliaria lo que va a asegurar tanto a un inquilino como a un propietario, pero sobre todo hablando de estudiantes, es que va a tener unos mínimos de calidad y unas máximas garantías de que cuando surja un problema la inmobiliaria va a mediar para resolverlo”, afirma.

Aínda que existen perigos en buscar pisos mediante as redes sociais, moitos estudantes como Nerea atoparon a súa vivenda por ese método. Sendo unha das afortunadas nesta práctica, tamén tivo problemas durante o proceso. Ela comezou a buscar compañeiros de piso mediante Instagram, pero non tivo sorte. “Entón contestoume unha chica de Vigo, que ofertaba un piso situado céntrico, aínda que cun prezo elevado. O problema foi que o noso encontro nunca foi presencial, e eu solo vin o piso por fotos e en referencia”. Quedaran de firmar o contrato en setembro, e por confirmar, Nerea faloulle a esta rapaza por agosto e non recibiu resposta. Unha semana máis tarde, respondéronlle que o piso estaba completo porque decidiran coller a unha compañeira da mesma localidade. Deste xeito, Nerea tivo que volver a comezar ata que atopou outra vivenda en aluguer. Sen dúbida, isto non se podería cualificar dunha estafa, pero a loita por vivendas en aluguer leva a que este tipo de problemas sexan normais na maioría de experiencias.

Contacto por inmobiliaria ou non?

Tanto profesionais como estudantado coinciden en que o factor máis importante para ter éxito é ser rápido. A maioría dos estudantes saben que os mellores pisos desaparecen a unha velocidade rapidísima e que cando chegas a última hora queda o peor do peor.

Onde non se poñen de acordo é en que método de toma de contacto é o mellor para lograr un aluguer. Por un lado, os profesionais advirten que as inmobiliarias son un mediador necesario ineludible para que a relación entre arrendador e inquilinos sexa xusta e segura. Por outro, moitos estudantes senten que para ser o máis rápido posible, precisas dunha rede de contactos. Nerea expresa que ter contacto directo co arrendatario pode facilitar a comunicación  entre ambas partes e a solución de posibles problemas.

Suscríbete para seguir leyendo