Darío Villanueva, catedrático de Teoría e Literatura Comparada equipara os whatsapps, escritos con urxencia e pouco rigorosos coa linguaxe, cos telegramas de antes, nos que cobraban por palabras e tampouco se seguían as normas. Iso si, circunscríbeos unicamente a este contexto de comunicación electrónica: "Cando os meus alumnos fan o traballo de fin de curso, teñen que presentarmo cunha ortografía perfecta".