A manifestación pola Plataforma Pensionistas Compostela e por MODEPEN (Movemento pola Defensa das Pensións) busca coñecer os detalles da "xestión por entidades sen ánimo de lucro" das residencias de maiores financiadas pola Fundación Amancio Ortega. A manifestación percorreu as rúas da capital galega que separan a Estación Intermodal, situada na Rúa Clara Campoamor, e a Residencia de Maiores costeada polo creador de Inditex, ubicada na Rúa Monte do Seixo no barrio do Castiñeiriño. CIG, CUT e diversas asociacións de veciños non faltaron a esta cita.