Rueda, no CiQUS: "O desafío é reter talento investigador propio ofrecendo oportunidades”

Lorena Rey / Antonio Hernández / Javier Rosende Novo

Rueda, no CiQUS: "O desafío é reter talento investigador propio ofrecendo oportunidades”

“Nesta lexislatura vai haber unha clara aposta pola ciencia e a investigación na Universidade para repercutir no benestar de Galicia”. Con estas palabras agradeceu o director científico do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), José Luis Mascareñas, a visita ao centro durante esta mañá do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen estivo acompañado polo reitor da USC, Antonio López. Tamén participaron no encontro a vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; así como Mascareñas e a directora adxunta, Dolores Pérez Meiras. Más información

Tracking Pixel Contents